Descendentes do ditador Franco peden 81 anos de prisión para 9 militantes do BNG que ocuparon simbolicamente a Casa Cornide en 2017.

 

Toma simbólica da Casa Cornide na Coruña por militantes do BNG

 

O 26 de setembro de 2017 un grupo de militantes do BNG tomaban simbolicamente a Casa Cornide, na Coruña, para denunciar o espolio franquista. Esta edificio, propiedade da familia Franco, é un antigo edificio señorial situado no casco vello da Coruña diante da Colexiata de Santa María polo que se apaixonou Carmen Polo, a muller de Franco, e que en 1962 foi levada a licitación polo propietario, o Concello da Coruña. A poxa gañouna un personaxe chave no espolio de bens públicos e privados na Coruña e contorno iniciado nos anos da guerra e continuado durante toda a ditadura: Pedro Barrié de la Maza.

Esta terza feira estaba previsto o xulgamento contra nove militantes nacionalistas por reivindicaren a devolución do patrimonio roubado por Franco, mais foi adiado ao pedir a familia un aumento das penas, engadindo á acusación os delitos contra a honra ou a violación de morada. En total, 81 anos de prisión

No acto, o candidato pola Coruña e portavoz dos 19 de Meirás, Néstor Rego explicou que a vista foi adiada ao pedir a familia Franco un aumento de penas que pasarían a 9 anos de prisión e 24.000 euros por cada unha das persoas que en setembro de 2017 reivindicaron na varanda da Casa Cornide a devolución do patrimonio roubado polo ditador.

Sermos Galiza