A Sala de Apelacions da Audiencia  española rebaixa a pena de 2 anos e 1 día de prisión ao mínimo legal de 6 meses e 1 día os 12 membros da banda de rap ‘La Insurgencia’ por enaltecemento do terrorismo.

Faino en aplicación do mesmo criterio que utilizou a pasada semana para rebaixar a pena ao músico leridano Hasel. O tribunal armenta que as letras das cancións enaltecen organizacións inactivas, como o Grapo e a ETA, e que, portanto, iso permite estimar parcialmente o recurso interposto pola defensa e atenuar as penas para todos eles, que tamén terán de pagar unha multa de 1.200 euros.

O tribunal mantén, no entanto, que os músicos ‘exaltaron de maneira reiterada e/ou xustificaron actos terroristas’. A sentenza tamén afirma que as letras das súas cancións ‘encaixan nun discurso de odio que vai alén do dereito á liberdade de expresión ou creación artística’.

ACN