A Audiencia Nacional, a petición da fiscalía, acordou deixar de investigar Tamara Carrasco e Adrià Carrasco por delitos de terrorismo, rebelión e sedición e enviou a causa aos xulgados ordinarios por se houber imputación por desordes.

 

Tamara Carrasco CDR - ACN                                    Tamara Carrasco

 

O auto ditado pola Audiencia Nacional entende que, tal como determinou a fiscalía, non está xustificado que o alto tribunal sexa competente, ao non se ter acreditado que poda ser imputado aos CDR outro delito que non sexa o de desordes públicas. Recoñece que non hai elementos que acrediten que sexa posíbel acusalos de terrorismo. Por este motivo transfere o caso aos xulgados ordinarios competentes.

A Garda Civil detivo no pasado 10 de abril a activista dos CDR Tamara Carrasco por terrorismo e rebelión, a petición do xulgado de instrución 6 da Audiencia Nacional. O tribunal actuaba na secuencia dunha denuncia da Fiscalía.

A policía conduciuna directamente a Madrid e o xuíz da Audiencia Nacional tomoulle declaración dous días máis tarde. Aínda que a Procuradoría pediu prisión preventiva, o maxistrado rebaixou a acusación a desordes públicas e deixouna en liberdade con medidas cautelares.

Na mesma operación policial ditárase orde de detención de Adrià Carrasco, que non puido ser localizado. O 5 de setembro facía unha aparición pública en Bruxelas denunciando persecución policial.

El Nacional