Fontes do Departamento de Seguranza do Goberno Vasco explicaron que a Ertzaintza comunicará o auto á comparsa Txorri Barrote para que sexan os seus propios membros quen retire as fotografías. Caso a orde non ser obedecida, os axentes “executarán a orde” da Audiencia española.

 

 

  • Montaje de la txosna 'Txori Barrote' 2019. Foto: Bilboko Konpartsak                                   Montaxe da txosna ‘Txori Barrote’ 2019. Foto: Bilboko Konpartsak

O xuiz da Audiencia Nacional Alejandro Abascal ordenou retirar de inmediato as fotografias de persoas presas expostas na caseta da comparsa Txori Barrote nas festas de Bilbo. Considera que a súa exhibición pode ser constitutiva dun delito de humillación ás vítimas.

O maxistrado, que está en funcións de garda, atendeu a petición que nese sentido cursou a Asociación Dignidad y Justicia, informaron este sábado fontes xurídicas.

O xuiz considera tamén que mostrar esas imaxes durante a Semana Grande de Bilbo, cando acode grande cantidade de xente ao lugar, pode provocar un dano ás vítimas do terrorismo e ás súas familias, polo que procede á súa prohibición.

Fontes do Departamento de Seguranza do Goberno Vasco explicaron que a Ertzaintza comunicará o auto á comparsa Txorri Barrote para que sexa a propia comparxe que retire as fotografías. Caso a orde non ser obedecida, os axentes “executarán a orde” da Audiencia española.

Pola súa parte, Raquel González, a presidenta do PP de Bizkaia asegurou que é “unha boa notícia para os bilbainos”. Non obstante, lamentou que a decisión “non teña sido iniciativa do alcalde e o seu socio de goberno”.

eitb.eus