Restaurante Can Vinyers, ao pé do Golf de Matadepera / ARQUIVO
.
.
4 de abril de 2017. Ainda non fora anunciada oficialmente a data nin a pregunta do referendo de autodeterminación e, mesmo así, a maquinaria xudiciaria e policial xa traballaba intensamente para impedir a votación. No día anterior La Vanguardia intitulaba “A Fiscalía intensifica a vixilancia do procés catalán”. E agora sabemos que o procurador Javier Zaragoza da Audiencia Nacional española estaba en permanente contacto coa Garda Civil e o Corpo Nacional de Policía (CNP) para os encoraxar a pisar o acelerador nas investigacións. Aquel 4 de abril un dos comisarios da Brigada Provincial de Información (BPI) da Prefectura Superior do CNP en Catalunya, con número de placa 74.977 e que responde ás iniciais I.M.A. -que traballaba ás ordes do Comisario en xefe 18.564 da BPI que posteriormente había de declarar como testemuña na Sala Segunda- revisaba o seu banco de datos telefónicos e enviaba un SMS. Na pantalla do móbel de Marc -nome fictício para preservar a identidade real- aparecía a seguinte mensaxe: “Supoño que sabes quen son, paso recollerte en coche na túa casa, será apenas un momento”.
.
La Directa tivo acceso ás comunicacións que mantiveron
.

Marc coñecía o policía. Aquel comisario, anos atrás, cando era inspector, detivérao e interrogárao. Nervos, incertezas, dúbidas. Marc deu voltas e voltas á mensaxe, pensando en explicala a alguén antes de máis nada, mais finalmente non o fixo. Agardou a chegada do policía. Pouco antes da unha do medio-día, un vehículo deportivo de baixa cilindrada parou diante da súa casa. Non levaba os vidros tintados. Marc subiu. Lembra que había unha mochila escolar pequena no asento traseiro en que se vía a culatra da pistola do comisario. O vehículo circulou durante bastante tempo, afastándose do contorno xeográfico por onde se move habitualmente Marc. Eran as dúas, hora de xantar, e o vehiculo policial camuflado -do parque móbel do Ministerio do Interior- entraba no Campo de Golf Municipal de Matadepera. Coas iniciais I.M.A. estaba reservada unha mesa para comer no restaurante Can Vinyeres (fotografía acima). Trinta euros por comensal.

 

Ninguén tería imaxinado que naquela mesa, discretamente, o ‘pai’ estaba facendo unha oferta de infiltración na dirección da CUP. “Necesito información do referendo, necesito alguén que me informe de todo o que pase na CUP, no en calquera grupo local senón na cúpula, entre a xente que se move perto de David Fernández”

 

A ollos de terceiros podería tratarse perfectamente do xantar dun pai e o fillo. Ninguén tería imaxinado que naquela mesa, discretamente, o ‘pai’ estaba facendo unha oferta de infiltración na dirección da CUP. “Necesito información do referendo, necesito alguén que me informe de todo o que pase na CUP, no en calquera grupo local senón na cúpula, entre a xente que se move perto de David Fernández”, en palabras do policía que o activista lembra como se fose hoxe. Marc, que non é militante da CUP mais simpatiza, escoitaba con certa estupefacción, desexando que pasasen os minutos e acabase o xantar. O policía insistiu, con oferta económica incluída. O comisario tería garantido a existencia dunha partida económica especifica. “Oferecéronme 700 euros mensais fixos se aceptase colaborar con eles e caso conseguise calquera información sobre o referendo pagaríaseme unha cantidade extra. Non concretou, mais dixo que un dato relevante sería ‘moi ben pagado’. “Recuseime. Díxellen que tiña unha vida moi complicada e que non tería tempo para involucrarme. Nesa altura chegou a ofrecerme apoio extra nas tarefas laborais e cargas familiares para que eu puidese dispor de tempo para me infiltrar na CUP. Vinno moi desesperado”, explica Marc, que dous anos despois dos feitos quixo facelo pùblico.

“Durante todo este tempo tiven mala consciencia por non o ter contado a ninguén. A súa imaxe e as súas palabras víñanme seguido á mente. É importante que se saiba como funcionan, até onde poden chegar”, explica con certa tristeza e resignación. Pasadas as tres, acabaron o xantar. A factura pagouna o comisario. Subiron ao coche. O vehículo deixou Marc na porta de casa. Cada vez que se falaba do paradeiro das urnas nos medios de comunicación, o simpatizante das CUP non podía deixar de pensar na tentativa de o captar e, sobretodo, rondábao o temor de que despois do seu ‘non’ o comisario tivese tentado o mesmo con outras persoas.

Seguindo o rastro de ‘Jordi’

O axente co número de placa 74.977 é axente coa alcuña de Jordi, que durante os anos 90 e inicios de 2000 foi quen investigou membros dos movementos sociais cataláns e foi acusado de torturas por algunhas das persoas que interrogou. No 2016, o policia, xunto cun compañeiro, tentou captar o activista de Gràcia Quim Gimeno – investigado pola Audiencia Nacional española no cadro da operación Pandora contra o movemento anarquista- para se infiltrar no movemento libertario do Poble-sec barcelonés. A Directa investigou o caso e unha vez feita pública a historia sob o título Estado Infiltrado, Gimeno denunciou ambos os policías, mais a causa foi arquivada.

No ano 2017, os dous axentes involucrados no caso Estado Infiltrado participaron no encontro que se produciu no cadro da Mesa de Valoración da Ameaza Terrorista, convocada polo Goberno español o 19 de agosto na sede madrilena do Ministerio do Interior, despois dos atentados de Barcelona e Cambrils. A mesa extraordinaria estaba presidida polo ministro do Interior nesa altura, Juan Ignacio Zoido, en compañía do secretario de Estado de Seguranza, José Antonio Nieto, e os máximos responsabeis da loita anti-terrorista no Estado español da Garda Civil, o Corpo Nacional de Policía, o Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado, o Centro Nacional de Intelixencia, e tamén os responsábeis dos Mossos d’Esquadra e da Ertzaintza.

A pista Jordi volta aparecer coa celebración do referendo do 1 de outubro. O inspector  do CNP, ascendido a comisario, foi o encarregado en xefe do servizo operativo da BPI de Barcelona durante a operación policial española con motivo da xornada de votacións, segundo un relatorio policial presentado xunto do xulgado que investigaba a actuación dos policías españois durante o 1-O. A función do comisario Jordi aquel día era liderar os “funcionarios intervinientes de investigación”, que seguindo ordes do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, encarregáronse da “aproximación, entrada, recollida de efectos, identificación de persoas e elaboración de actas nos espazos públicos utilizados para a votación no referendo ilegal do 1 de outubro”, segundo a documentación policial presentada no xulgado.

Reaccións políticas

Unha vez coñecida a noticia, diferentes partidos políticos fixeron pública a súa reacción. A formación anti-capitalista, a CUP, presentou unha petición no Parlament de Catalunya para requerer a comparecencia diante da cámara catalá do actual ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, así como do seu predecesor Juan Ignacio Zoido, responsábel da carteira durante o goberno do Partido Popular.

Por súa vez, Jon Iñarritu anunciou unha pregunta ao goberno español.

JESÚS RODRÍGUEZ

La Directa