O xornalista e activista Julian Assange recibiu nesta sexta-feira unha homenaxe catalá en Londres. A Comisión da Dignidade entregou ao fundador do Wikileaks o Premi Dignitat diante dos xulgados de Westminster onde se desenvolve o xulgamento para decidir se o Reino Unido o extradíta.

 

Foto Premi Dignitat Juliane Assange - Comissió de la Dignitat

No declaración que leu Júlia Strubell Prats,  a Comisión da Dignidade  afirma que Asssange representa “a esencia do xornalismo democrático baseada na transparencia e o dereito dos cidadáns a unha información verídica”. A Comisión tamén quixo agradecer a Julian Assange o apoio ao dereito á Autodeterminación da Catalunya, alén da valiosa axuda que ofreceu á posibilidade de que se celebrase o Referendo do 1 de outubro de 2017.

Pola liberdade de Julian Assange
No acto, organizado polo Julian Assange Defense Committee de Londres, mostrouse unha grande faixa en que se reclamaba a liberdade de Assange. Actualmente, o xornalista está na prisión de Belmarsh onde, segundo a Comisión da Dignidade e outras organizacións de defensa dos dereitos humanos, son vulnerados os dereitos e a dignidade.

Ao recibir o premio, un representante de Julian Assange Defense Committee falou do ideal de Julian Assange de “desenvolver relacións amigabeis entre nacións, baseadas no respecto ao principio de dereitos igualitarios e o dereito á autodeterminación dos pobos.” Durante o acto tamén se rexeitou a represión en Catalunya na secuencia do procés independentista.

O Premi Dignitat
O Premio Dignidade concedido pola Comisión da Dignidade consiste nunha letra “D” e foi outorgado en anos anteriores a persoas e entidades como Neus Català, Jordi Borràs, os xornalistas Carlos Enrique Bayo e Patricia López, ou a iniciativa Ningunha Muller no Esquecemento.

No pasado mes de xaneiro, a Comisión anunciou que Julian Assange recibiría o Premio Dignidade que lle foi entregado nesta sexta-feira.

El Nacional