Despois de meses de investigación, a Comisión do Parlamento Europeo que analisaba a espionaxe con Pegasus en diferentes países de todo o continente, tamén en España e Catalunya, presentou hoxe as súas conclusións nun relatorio en que sinala directamente o Goberno como autoridade por trás da espionaxe a 65 líderes independentistas no marco do coñecido como CatalanGate.

 

La comissió Pegasus de l'Eurocambra assenyala el govern espanyol com a responsable del CatalanGate

 

Despois de criticar que o Goberno teña proporcionado moi pouca información sobre o uso de Pegasus, alegando motivos de seguranza nacional non convincentes, o relatorio conclúe que “contodo, baseándose nunha serie de indicadores, asúmese que a vixilancia dos obxectivos cataláns foi levada a cabo por autoridades españolas, principalmente en relación co 1 de outubro do 2017, día do referendo de independencia de Catalunya, e acontecementos posteriores”. Indo alén disto, tamén expón que o Goberno podería ser o primeiro cliente da Unión Europea do grupo NSO, propietario de Pegasus.

Neste primeiro rascuño sobre as conclusións da comisión parlamentar, tambén fica moi claro que nos casos que afectan os políticos cataláns non se pode establecer cal sería a ameaza á seguranza nacional que utiliza o Goberno para xustificar o uso de Pegasus contra os independentistas.

Das 159 páxinas do relatorio, 12 están dedicadas ao caso español, non só sobre o CatalanGate senón tamén pola espionaxe con Pegasus ao teléfono de Pedro Sánchez e outros ministros por parte de Marrocos. Neste sentido, en boa parte do texto dedicado a España é analisado o traballo do CNI, de quen destaca ser un corpo que xa estivera envolvido en polémicas e numerosos escándalos. O texto é un corpo moi duro para o Goberno, que fica totalmente sinalado por parte da Eurocámara como responsábel da espionaxe do CatalanGate. Dáse por feito que este relatorio, redactado por Spohie in’t Veld, eurodeputada liberal neerlandesa, recibirá emendas, entre as cales algunhas dos seus compañeiros españois do grupo liberal, quer dicir, de Cidadanos, que non se senten en absoluto cómodos con estas palabras.

Espionaxe nun momento decisivo para Catalunya

No texto, que despois In ‘t Veld explicou en conferencia de prensa destacando que son conclusións provisorias, fálase dunha “tendencia clara” na hora de tentar infectar dispositivos de persoas chaves do independentismo durante o que define como “momentos de relevancia política” para Cataluña, en referencia ao referendo do 1-O, os casos xudiciais contra os presos políticos ou as manifestacións multitudinarias despois da sentenza, así como a comunicación cos independentistas que “vivían fóra de España”, en referencia aos exiliados como Carles Puigdemont, que apesar de non aparecer na primeira lista de espiados, denunciou recentemente que todo iso indica que o seu teléfono tamén estivo infectado con Pegasus.

Outro dos feitos negativos exposto no relatorio é que o Goberno só recoñeceu 18 dos 65 casos de espionaxe que foron descubertos no pasado mes de abril, cando CitizenLab fixo pública a listaxe enteira de persoas espiadas nun escándalo sen precedentes e que supón un dos casos de espionaxe masiva máis importantes da historia.

Concretamente, 10 días despois de se coñecer esta listaxe e entre moita presión dos políticos cataláns para que o Goberno recoñecese a súa implicación, sóubose que a Moncloa autorizara o CNI a intervir o teléfono de 18 dirixentes do Tsunami Demcrático, aínda que despois o Tribunal Supremo esclareceu que nunca autorizara este corpo, que pertence ao ministerio de Defensa, a realizar este tipo de espionaxe: “Tendo en conta que as autoridades só recorreron 18 de 65 casos, non é posíbel establecer como terían un impacto inmediato ou constituír unha ameaza inminente na seguranza nacional ou na integridade do estado”, resume o texto. Por este mesmo motivo, unha das recomendacións que fai a autora é que se estableza unha definición común para toda Europa do que é a “seguranza nacional”, que serve para determinar que réxime debe aplicarse neste tipo de casos.

Diferenzas entre o goberno español e os independentistas

Este non é o único motivo polo que o comité colocou sob as luces o Goberno español. Tamén sinalou a diferenza de velocidade na hora de tramitar as denuncias dos membros do goberno español espiados con Pegasus, probabelmente desde Marrocos e as que se presentaron en Barcelona por parte dos independentistas. “En contraste coa rapidez do caso de Pedro Sánchez e o resto de membros do goberno español en Madrid, os casos que foron presentados en Barcelona polas vítimas catalás da espionaxe móvense moi lentamente”, denuncia a deputada, autora do relatorio. Neste sentido, cita a queixa de Andreu der Eynde sobre o caso de Oriol Junqueras, que acusou a xustiza de querer paralisar o seu caso.

El Nacional