Asinaría vostede un contrato de financiamento en que se dixese en letra grande o mesmo que todo o mundo sabe que está escrito na letra pequena?

Ou en que aparecesen escritas, nas primeiras cláusulas, unha serie de condicións circunstanciais a favor do banco das que só aparecen disfarzadas polas dobras dun texto cuxa lectura resulta imposíbel de seguir e moi pouco comprensíbel?

 

 

Non, e os bancos sábeno ben. Porque, caso contrario, algúns non gastarían para presumir de que os seus hipotecarios ‘non teñen letra pequena’.

Tería sido aprobada en referendo unha Constitución cuxo artigo 14 dixese que “Todos os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, exceptuando o Rei“?

As tres últimas palabras, as subliñadas, son as únicas que non figuran nese artigo porque resultarían unha verdade insoportábel, mesmo para millóns dos que votaron a favor o 6 de decembro de 1978.

E que máis inaceptabeis resultan aínda hoxe, cando o pasar do tempo demostra que talvez é o único que se cumpriu, sen ningunha ‘excepción’, dese artigo.

Mais claro, agora non se pode votar.

Procure a piada con Mafalda, a monarquía sob ameaza e os mesmos poucos que continúan burlándose hoxe dos moitos case todos.

Unha Constitución con ese texto podería fracasar nas urnas, e ‘eles’ ben o sabían. Por iso, a ‘excepción’ do Rei levárona ao artigo 56, punto 3, do Título II, cando escribiron que “A persoa do Rei é inviolábel e non está suxeita a responsabilidade”. Atención ao pormenor de ‘A persoa’, pois colocou calquera delito que puidese cometer por encima da Xustiza.

O ditador Franco, o anterior inviolábel, terminou falecendo, e os inesquecibeis partes médicos regresaron ás nosas vidas para lembrarnos que o de morrer volverá ocorrer.

Para esa data, inevitábel e próxima, os sucesores actuais daquelas entidades de crédito do 78, hoxe na Moncloa e na Carrera de San Jerónimo, deben comprometerse inmediatamente a anular todas as cláusulas incluídas no Título II do empréstimo de democracia que seguimos pagando.

Se ‘eles’ conceden esta mellora no contrato existen moitas posibilidades de que millóns de prestadores españois, incluídos os cataláns, sigamos ‘pagando’ os prazos durante un novo paréntese de ‘estabilidade’, que tanto din desexar e que tan rendíbel lles resulta sempre.

Diario16