(…)
A decisión da Ministra do Interior do Reino Unido, servil e obediente como costuman ser os británicos cando se trata de demandas dos Estados Unidos- no significa que a presenza de Assange en territorio estadunidense sexa inminente. Segundo a lexislación británica, Assange ten dereito a presentar unha serie de recursos para impugnar a decisión do Ministerio do Interior, o que probabelmente fará. Ainda que, como o poder xudiciario británico xa anunciou mais ou menos a súa determinación de seguir as ordes dos seus amos estadunidenses, é difícil ver nestes procedementos adicionais algunha posibilidade de producir outro efecto que non sexa o de adiar o inevitábel.
Glenn Greenwald
Mais, se nos puxermos no lugar de Assange, entenderíamos facilmente por qué está tan ansioso por evitar a extradición aos Estados Unidos durante o maior tempo posíbel. A Lei de Espionaxe de 1917 é unha peza lexislativa desagradábel e represiva. Foi deseñada por Woodrow Wilson e a súa tropa de progresistas autoritarios para criminalizaren a disidencia contra a decisión de Wilson de involucrar os Estados Unidos na Primeira Guerra Mundial. Foi utilizada principalmente para encarcerar esquerdistas contrarios á guerra, como Eugene Debs, ou líderes relixiosos, como Joseph Franklin Ruhterford polo delito de publicar un libro que condenaba a política exterior de Wilson.
Unha das inovacións despóticas máis insidiosas do goberno de Obama foi reutilizar e revitalizar a Lei de Espionaxe da época de Wilson como arma polivalente para castigar disidentes das súas políticas. O Departamento de Xustiza de Obama, sob o comando do Procurador Xeral Eric Holder, procesou máis denunciantes ao abrigo da Lei de Espionaxe de 1917 que todas as administracións anteriores xuntas. De feito, tres veces máis que todos os presidentes anteriores xuntos. Un dos denunciantes acusados polos funcionarios de Obama ao abrigo desta lei é o denunciante da NSA Edward Snowden, que en 2013 revelou a espionaxe interna masiva que o Director de Intelixencia Nacional de Obama, James Clapper (agora da CNN), negou falsamente na súa comparecencia diante do Senado, o que conduciu ás restricións lexislativas promulgadas polo Congreso dos EUA, restricións que afinal os tribunais ditaminaron seren inconstitucionals e ilegais.
O que torna tan insidiosa esta lei é que, por causa do seu deseño, e case imposíbel que o goberno perda. Como expliquei nun artigo no Washington Post , cando foi revelada por primeira vez a acusación -argumentando que supuña a maior ameaza para as liberdades de prensa no Ocidente desde hai anos-, esta lei de 1917 está redactada como un estatuto de “responsabilidade estrita”, o que significa que o acusado non só é culpábel cando se demostrar que revelou información clasificada sen autorización, senón que tamén lle é prohibido basear a súa defensa nunha ‘xustificación’, o que significa que non pode argumentar perante o xulgado que non só era permitido senón moralmente necesario revelar esta información debido ás graves irregularidades e á criminalidade que revelaba, cometida polos funcionarios políticos máis poderosos da nación.
Por outras palabras, esta lei de 1917 foi pensada para a ofrecer só a xulgamentos de exhibición, non para garantir xulgamentos xustos.Ningunha persoa con bon senso se sometería voluntariamente a un xulgamento e á prisión perpetua nas máis duras cadeas estadunidenses en virtude dunha acusación formulada sob esta lei fundamentalmente corrupta.
Independentemente do que se pense de Assange, non hai dúbida de que se trata dun dos xornalistas máis importantes, pioneiros e consumados do seu tempo. Poderíamos argumentar facilmente que ocupa o primeiro lugar por si mesmo. E esa, por certo, a razón pola que está no cárcere: porque, o mesmo que a liberdade de expresión, as garantías de “liberdade de prensa” nos estados Unidos e no Reino Unido existen apenas nun trozo de pergamiño e en teoría. Os cidadáns son libres de facer “xornalismo” en tanto non incomodaren ou irritaren os centros reais de poder. Os empregados do The Washington Post e da CNN son “libres” de dicir o que ben quixeren, sempre que o que digan for aprobado e dirixido pola CIA ou que o contido das súas “reportaxes” favoreza os intereses da maquinaria bélica do Pentágono.
Os verdadeiros xornalistas enfrentan amiúde ameazas, persecucións, encarceramento e mesmo o asasinato,e por veces inclusive chíos mesquiños no Twitter. Grande parte da clase mediática corporativa estadunidense ignorou a persecución de Assange ou até chegou a festexala, precisamente porque senten vergoña, ao servir de espello vivo e mostrarlles o que é o verdadeiro xornalismo, como están por completo desprovidos del. E os gobernos estadunidense e británico explotaron con éxito os ciúmes mesquiños e as incertezas dos seus fracasados, insípidos e inuteis servidores dos medios de comunicación para conseguiren o que queren, impondo a maior ameaza á liberdade de prensa no Ocidente sen eles protestaren.
Na realidade, a liberdade de expresión e a liberdade de prensa non existen nos Estados Unidos nin no Reino Unido. Son meros instrumentos retóricos para faceren propaganda diante da súa propia poboación e xustificaren e ennobreceren as diversas guerras e outras formas de subversión que constantemente son libradas noutros países en nome da defensa de valores que eles mesmos non secundan. A persecución de Julian Assange é unha grande traxedia persoal, unha parodia política e un grave perigo para as liberdades cívicas básicas. Mais tamén é un monumento brillante e duradouro á fraude e o engano que existe no corazón das representacións destes gobernos sobre quen e o que son.
Versión galega de parte do texto publicado en Octuvre