Segundo a notificación, “Cando o axente a atendía e solicitaba asistencia médica esta lle dixo reiteradamente: ‘Sodes uns fillos da puta’, ‘vale a pena ser tan fillo da puta para o que cobrades?’, ao tempo que mostraba o puño fechado co dedo medio estendido para os axentes que trataban de axudala”.

Alúdese á asistencia médica, mas non se explica por qué tiña de ser atendida polas asistencias anitarias. Anne, este é o seu nome, acababa de recibir o impacto dunha bola de foam que lle partiu a queixada en dous puntos, polo que tivo de ser intervida cirurxicamente no hospital de Cruces.

“Conforme aos criterios determinados no artigo 33 da mesma lei, atendidas as expresións proferidas e o menosprezo que implica o xesto de levantar o dedo para o axentes, caso resultar acreditada a comisión da infracción pola persoa inculpada, seralle imposa unha sanción de multa de 200 euros”, indica a resolución.

A afectada presentará alegacións. Non é consciente de ter proferido tales expresións que, obviamente, poderían ser encadradas nun contexto de alta tensión e de intensa dor física. Acontece, aliás, que, caso a sanción sexa consumada, a xoven podería acabar sendo a única persoa castigada polo ocorrido, apesar de ter sido realmente vítima dunha agresión grave.

Contrainformación.es