“A fatiga mental de Julian é enorme e ten que tratar co que é na esencia unha sentenza de morte”, sinalou Stella Moris.

.
.
La esposa de Julian Assange denuncia el trato "especialmente cruel" que su marido recibe en prisión
Stella Assange (Moris, de solteira) nunha rolda de prensa en Londres, 17 de xuño de 2022.Jonathan Brady / AP

 

Julian Assange foi revistado nu e transferido a unha cela vacía no mesmo día en que a ministra do Interior do Reino Unido, Priti Patel, aprobou a súa extradición aos EUA, dixo na pasada quinta-feira aos xornalistas a esposa do fundador do WikiLeaks, Stella Moris. Alí permaneceu durante un fin de semana inteiro. Entretanto os gardas da prisión de Belmarch (Londres) levaban a cabo unha inspección na súa cela permanente, detallou.

“A prisión é unha humillación constante, mais o que aconteceu na sexta-feira (17 de xuño) foi especialmente cruel”, denunciou Moris, que está casada con Assange desde marzo pasado.  Por súa vez, a administración prisioinal asegura que o fixeron co fin de protexer o propio recluso e afirma que os gardas o informaron, recolle a axencia PA Media.

Segundo Moris, os funcionarios buscaban calquera obxecto que o prisioneiro puidese utilizar para tirar a vida. Na cela provisoria, relatou, os gardas verificaron cada hora o seu estado de saúde até lle permitiren regresar á súa cela orixinal na terça-feira 21.

Moris considera que ese tipo de trato non é tolerábel. “Calquera persoa o sentiría como degradante. A fadiga mental de Julian é enorme e ten que tratar con o que é na esencia unha sentenza de morte”, sostivo.

O fundador de WikiLeaks está na prisión de máxima seguranza de Belmarsh desde abril de 2019, cando os tribunais británicos se fixeron cargo de decidir sobre a extradición de Assange aos EUA.

Un xulgado rexeitou inicialmente a solicitude de extradición admitindo que Assange podería suicidarse ou sería obxecto dun trato inhumano no país norteamericano. Contodo, Washington apelou con éxito o fallo e ofreceu garantías a Londres de que serían respectados os seus dereitos.

No pasado 17 de xuño, a súa transferencia á custodia estadunidense foi validada pola ministra Priti Patel.

RT