Desde o ano 2011 e aquilo chamado o 15M levo saíndo á rúa a exercer os meus dereitos fundamentais de manifestarme, reunirme e protestar cada vez que o sinto necesario, cousa que infelizmente acontece máis a miúdo do que me gustaría. Como xornalista tamén informei diso.

 

Placa de identificación da policía nacional. Segundo a regulamentación, deben ser lexibeis a 1,2 metros de distancia. Neste caso o axente lévaa invertida.

 

Durante todo este tempo veño documentando e denunciando en redes sociais co hashtag #NoSinID as irregularidades nas identificacións que están obrigados a levar as Forzas e Corpos de Seguranza do Estado no seu traballo en espazos públicos.

Nas interaccións que un cidadán teña cun policía, un non pode saber o seu nome, e isto paréceme ben. Trátase de protexer a súa identidade e a súa intimidade ante o complicado labor profesional que ten. Iso si, para garantir os dereitos do cidadán e poder chegar a identificar un funcionario en concreto ante algunha situación que o requira, todos os policías están obrigados a portar publicamente un número único que os identifica e distingue do resto de policías. O denominado TIP (número do Cartón de Identificación Profesional). É esa pequena placa de latón de difícil lectura e curioso tipo de letra que leva a Policía Nacional no peito, baixo o escudo. Estes números non son fáceis de ler e en multitude de ocasións os funcionarios sinxelamente non os levan. Esta situación repétese en diferentes corpos policiais, mais é de especial gravidade na Policía Nacional, que é a encarregada da orde pública en grande parte do Estado. Por exemplo, a Garda Civil leva uns distintivos que son máis facilmente lexibeis.

Nas ocasións en que un cidadán pense que hai recriminar a actuación dos funcionarios xa for por excesos, irregularidades ou por supostos delitos, é relativamente frecuente que non poda facelo pola imposibilidade de identificar o axente en cuestión. Temos multitude de casos en que xuíces, apreciando un posíbel delito en accións cometidas por membros da Policía, non poden continuar a investigación e esixir responsabilidades porque non poden chegar a identificar o policía concreto suposto responsábel. En ocasións, preguntados polo xulgado, os policías presentes non lembran quen estaba por alí e que compañeiro fixo o qué e o caso acaba sendo arquivado ao non ser posíbel identificar a persoa responsábel. Isto é algo que acontece regularmente. Con iso, fica sen ser investigado o suposto delito porque non se pode determinar quen é o autor concreto dos actos, que se sabe era un señor con uniforme de policía.

En 2013, e para garantir os dereitos dos cidadáns foi implementado un novo número de identificación destinado aos axentes da Unidade Intervencion Policial (os UIP, comunmente coñecidos por antidisturbios). Isto implicaba que terían que levar nas costas un novo número: non o TIP senón o NOP (Número de Operativo Policial), que ademais pode variar de persoa en cada operación, mais que garante a identificación do axente. Desde que entrou en vigor esta nova regulamentación houbo polémica coa tipografía elixida para iso, xa que se usa unha da familia TERMINATOR, que é especialmente difícil de ler e coa que é moi fácil confundir unhas letras e números con outros. Por exemplo, o 5, o 6 e o 8 son practicamente iguais e con case calquera outra tipografía serían máis fáceis de ler. Hai que ter en conta que o labor exclusivo desta placa é que sexa facilmente legíbel en situacións de tensións, pola noite ou en movemento. E a tipografía escollida, no meu parecer, non é que sexa dificilmente lexíbel, é que é especialmente pouco clara.

 

Ver imagen en TwitterEnsaio gráfico sobre o tipo de letra escollido pola policía para os seus números de identificación. Aquí cunha ARIAL Cal se le mellor?

Esta situación provoca unha indefensión absoluta da cidadanía ante calquera situación de exceso policial. Isto é algo que lamentabelmente puiden comprobar de forma práctica nunha mobilización perto da praza de Neptuno en Madrid, en setembro de 2012. Estaba eu cambiando a batería do móbil,e ademais vestindo co ridículo colete de prensa branco que nos convidan a levar en Madrid !pola nosa seguranza”, cando sen máis nin menos -non había unha carga- un policía nacional novo (puiden verlle a cara através da viseira do capacete) deume unha pancada na cabeza coa defensa (a porra) que me deixou un notábel croque e fortes dores un par de días. O que aconteceu xusto despois de recibir o golpe é que outro policía colleu rapidamente dos ombros o mozo por atrás, sacouno da liña de policía, esta fechouse e levouno correndo. Literal. E alí fiquei eu con cara de parvo alén de con a crecente dor. E alí acabou calquera posibilidade de esixir algunha responsabilidade polo acto do policía se é que a houbese. Xusto no momento en que esa persoa de uniforme desaparece entre outras persoas de uniforme, con el desapareceu tamén calquera posibilidade de xustiza e entrou en acción a impunidade policial. Non existían aínda os números nas costas e tampouco estaría probabelmente eu en condicións de descifralo e lembralo para esixir responsabilidades.

Outros colectivos como LegalSol (agrupación de avogados, psicólogos e outros profesionais dedicados á defensa e atención a persoas que tiveron problemas policiais e/ou legais en mobilizacións sociais) ou RedJurídica e eu mesmo levamos anos denunciando esta situación ante diferentes instancias. Unha e outra vez desde hai anos e pouco ou nada mudou.

Temos centenares de casos documentados en que policías (xeralmente en situacións en que ían ter algún tipo de contacto con cidadáns: mobilizacións, manifestacións, greves…) non levaban a identificación regulamentar, ou a levaban deteriorada e ilexíbel ou mesmo boca abaixo, o que imposibilita a súa lectura. Isto ainda pasa todos os días, como xa informou este mesmo medio.

Esta situación denuncieina ducias de veces ao Defensor del Pueblo, que emitiu máis dunha recomendación ás forzas e corpos de seguranza do Estado no sentido de os axentes cumpriren a regulamentación e levaren as identificacións e mesmo a administración revisar o seu deseño. Realicei consultas ao Ministerio do Interior usando a Lei de Transparencia sobre a normativa e a decisión de usar ese deseño. Escribín e presentei queixas á Delegación do Goberno en Madrid, a partidos políticos e mesmo á propia Dirección Xeral da Policía. Ante a insistencia e múltiplas queixas de cidadáns a respecto diso (e tamén miñas, que levo ducias), a Defensora informoume en 2015 e de novo en 2017 e agora outra vez en 2019 que ía instar a Comisión Técnica de Uniformidade, Vestiario e Equipamento Policial da Policía Nacional a modificar a identificación para que cumpra mellor a súa función. Anos despois, pouco ou nada pasou.

 

Ver imagen en Twitter

Con estes protestos e demandas non se trata en ningún caso de criminalizar o colectivo policial. Trátase de, sinxelamente, esixirmos dereitos dos cidadáns. E de feito, un mínimo de dereitos que temos recoñecidos por lei mais non se cumpren.. Evidentemente non todos os policías cometen excesos, irregularidades ou delitos. Nin sequera moitos. Son unha minoría. Moi poucos. Mais cando acontece un exceso policial -e cada vez que ocorra- é o noso dereito poder chegar a sabermos quen era o funcionario responsábel en concreto para que afronte as posibeis consecuencias que puideren ter as súas accións. Vaia, o mesmo que pasaría se foses ti a persoa que actuou desta forma.

Estes días estamos a ver imaxes de policías que non van correctamente identificados nos protestos de Barcelona relacionados coa sentenza do Tribunal Supremo aos procesados polo Procés (e por exemplo tamén nun protesto de onte mesmo en Madrid). É algo cotián.

A situación actual, en que responsabeis políticos e altos cargos policiais lles permíten actuar desta forma, promove e mesmo alenta a impunidade ante estas poucas situacións que se dan. Son incomprensibeis estes espazos de impunidade en pleno século XXI. Até que sexa imposíbel unha non responder dos seus actos -aínda que sexa policía-, até que non sexamos todas e todos iguais ante a lei como claramente está escrito no Artigo 14 do Título I da Constitución Española, non avanzaremos na nosa precaria Democracia e non viviremos nun Estado de Dereito.

Stéphane M. Groso, @fanetin

Público