Acumula a denuncia do CSIF á que presentaran outros sindicados por un sketch do programa da TV3 “Está passant”.

 

 

A fiscalía tamén investigará o gag de ‘Polònia’ sobre a actuación policial durante as manifestacións contra a sentenza do procés. Acumula así a denuncia que presentou o CSIF á que xa formularan outros sindicatos por un sketch do programa ‘Està passant’, pola cal xa abrira dilixencias. O CSIF decidiu levar os dous programas de TV3 á procuradoría por un delito de odio e inxurias contra a policía.

No sketch de ‘Polònia’ sae un grupo que simula ser Manet interpretando unha canción e unha danza sob o título ‘Poli Band’. Segundo o CSIF, compárase a policía cunha ‘banda de analfabetos, acosadores morais, agresivos e violentos que causan lesións á cidadanía indiscriminadamente’.

VilaWeb