Os mozos Jon Ander Cob, Aratz Urrizola, Iñaki Abad e Julen Goikoetxea foron detidos esta mañá nas súas casas de Altsasu nunha operación da Garda Civil. O operativo comezou ás 8 da mañá após unha orde emitida pola Fiscalía e a sección primeira do Penal que vían “risco de fuga” nos mozos. Os mozos detidos, con penas de entre 9 e 13 anos de prisión -Ainara Urquijo, condenada a 2 anos, non foi detida-, están son levados a Madrid onde terán que declarar ante o xuíz que decidirá se ingresan no cárcere ou non antes de o Tribunal Supremo valorar os recursos e a sentenza ser firme.

 

Detenciones altsasu

 

O catro detidos involucrados nunha pelexa de bar en outubro de 2016 teñen un prazo de dez días para recorrer a condena imposta pola Audiencia Nacional. Os agora detidos súmanse a Oihan Arranz, Jokin Unamuno e Adur Ramirez que levan xa un ano e medio en prisión. Os mozos foron condenados na pasada sexta feira a penas que suman 79 anos de cárcere ao aplicar as condenas máximas previstas por delitos de atentado á autoridade, lesións, desordes públicas e ameazas.

Os familiares dos mozos fixeron un chamamento a sumarse á manifestación do 16 de xuño en Iruñea e hoxe ás 20 horas convocouse unha concentración na Praza do Castelo (Iruñea) en protesta polas detencións.

Fonte: El Salto Diario

Máis información e vídeos da detención: Naiz