A noticia foi coñecida ao facerse público un convenio asinado entre o Ministerio do Interior español co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e o o E.P.E. para pór en marcha unha serie de recursos tecnolóxicos ao servizo da Garda Civil. De acordo coas informacións consignadas no convenio, esta tecnoloxía de avanzada sería utilizada especialmente en eventos mulitudinarios en que mediante o recoñecemento facial poderían ser detectadas e eventualmente detidas persoas con antecedentes policiais e/ou xudiciais. A partir desta adquisición, segundo a mesma fonte, sería posíbel desenvolver un «plano de seguranza no medio rural»

 

 

Isto é, servizo completo. Completo mais non o suficientemente seguro e moito menos infalíbel. Son moitos os casos en que os fallos desta tecnoloxía fixo pasar por momentos de angustia moitas persoas en diferentes estados que a utilizan.

En xuño deste ano, por exemplo, un destes fallos no sistema informático de recoñecemento facial provocou o arresto dun afro-estadunidense en Detroit. O cidadán sufriu a revista integral da súa casa e foi preso durante 30 horas. Despois sóubose que fora identificado por erro a partir de imaxes tomadas por cámaras de vixilancia durante un roubo de cinco reloxos nunha xoiaría. Por outra parte, é ben coñecido que o uso desta tecnoloxía reforza a discriminación e criminalización racista. Aquí, no Estado español, os colectivos de persoas migrantes poden comezar a inquietarse polos posibeis «erros» tecnolóxicos. Quen loita polos seus dereitos, tamén.

Mesmo sen fallos, con tecnoloxías infalibeis, o seu uso é perigoso pois significa avanzar na mecánica de control cidadán.

No texto publicado no BOE, explícase que o sistema de recoñecemento facial podería ser instalado nos puntos de acceso de festivais ou eventos similares. (Tamén nos puntos de convocatoria para manifestacións ou concentracións?). A eficacia destes dispositivos estratexicamente situados, xustifícase, proporcionarán aos axentes de forma inmediata as alertas necesarias para identificaren e deteren persoas con asuntos pendentes coa lei.

No convenio tamén se fala de desenvolver outras tecnoloxías como un sistema de recoñecemento de matrículas ou un sistema de detección de teléfonos móbeis . Todo iso, para facer frente a outros escenarios como o roubo de maquinaria agrícola, a detección de plantacións de marihuana ou delitos ambientais.

Diana Cordeiro

Texto do Escenario 2 do convenio publicado no BOE

Escenario 2: Control de eventos multitudinarios. Las soluciones innovadoras propuestas por la industria para este escenario, además de los aspectos comunes, deben tener en cuenta los siguientes aspectos específicos:

Área 1: Identificación de personas con asuntos pendientes con la justicia en los puntos de control de acceso al evento.

– Se prevé que la solución innovadora pueda basarse, de manera general, en un sistema tecnológico innovador e inteligente formado por los siguientes componentes:

• Sistema de reconocimiento de matrículas. A ser instalado de manera previa a la entrada del aparcamiento del evento (por ejemplo, podría ser instalado en postes fijos o en vehículos aéreos no tripulados). Su propósito es proporcionar a los agentes que controlan los accesos al aparcamiento alertas para detener a vehículos con asuntos pendientes con la justicia.

• Sistema de detección de teléfonos móviles (basado en IMSI-catcher). A ser instalado en el propio punto de control de acceso en la entrada al evento. Su propósito es proporcionar a los agentes que controlan los accesos al evento alertas para detener a personas con asuntos pendientes con la justicia.

• Sistema de reconocimiento de personas (por ejemplo, sistema de reconocimiento facial). A ser instalado en el propio punto de control de acceso en la entrada al evento. Su propósito es proporcionar a los agentes que controlan los accesos al evento alertas para detener a personas con asuntos pendientes con la justicia.

• Sistema/s de procesamiento de datos y generación de alertas.

• Sistema/s de visualización de información y alertas.

Kaos en la Red