Europa dá a benvida aos refuxiados brancos, mais aos outros, non. Esta permitido invadir o Iraque, mais non a Ucraína. Á vista dos acontecementos parece que o neonazismo se tornou tolerábel. Bombardear arraña-ceos é un crime de guerra, mais SÓ en Europa. … Estamos obrigados a levantar a voz frente á deshonestidade moral …
Torres de vivendas bombardeadas en Gaza. Bombardear arraña-ceos é un crime de guerra, mais SÓ en Europa.
Illan Pappé
Os que vivimos, informamos e dixerimos as catástrofes humanas que veñen producíndose desde hai tanto tempo na Palestina, non podemos obviar a hipocrisía de Occidente. Temos a obrigación de sinalala sen que iso supoña que a nosa solidariedade e empatía coas vítimas doutras guerras, diminúan.
O xornal USA Today publica unha noticia explicando que a foto dun arraña-ceos ucraíno alcanzado polos bombardeos rusos, viral durante estes días, trátase en realidade, dun edificio de Gaza demolido pola Forza Aérea de Israel en maio de 2021. O USA Today informa tamén que, días antes, o chanceler ucraíno presentara as súas queixas ao embaixador israelita en Kiev pois, ao que parece, os israelitas trataban os ucraínos como “se fosen xentes da Faixa de Gaza”, furioso segundo parece porque Israel non se apresou a condenar a invasión rusa interesado unicamente en axudar a sair de alí os seus cidadáns (Haaretz, 17 de febreiro de 2022). Tratábase sen lugar a dúbida dunha velada alusión á evacuación das ucraínas casadas con palestinos residentes na Faixa de Gaza efectuada en maio de 2021 así como tamén dun lembrete do pleno apoio que o presidente ucraíno prestara – nese mesmo mes – á ocupación da Faixa de Gaza por Israel.
De feito, no contexto da crise actual na Ucraína, parece necesario reflectir sobre os repetidos ataques levados a cabo por Israel sobre a Faixa de Gaza (Palestina) porque non é en absoluto unha mera coincidencia que as fotos se confundan. E é que, aínda que en Ucraína non haxa (aínda) demasiados arraña-ceos derrubados, en Gaza si que os hai. Moitos. E é que non é só a inxustiza e a hipocrisía sobre a Palestina o que sae á tona cando observamos a crise de Ucraína nun contexto máis amplo; o que se manifesta máis unha vez e de xeito evidente, son os dous pesos e dúas medidas occidentais. Dito isto, repitamos máis unha vez que non somos nin formos en ningún momento indiferentes ás noticias e imaxes que nos chegan desde esta zona de guerra. Como poderiamos selo?: crianzas traumatizadas, ríos de persoas refuxiadas, edificios destruídos e o perigo inminente de que isto sexa só o principio doutra horríbel catástrofe (non esquezamos á antiga Iugoslavia) no mesmo corazón da Europa.
Quen vive, informa e dixere as catástrofes humanas que veñen producíndose desde hai tanto tempo na Palestina, non pode obviar a hipocrisía de Occidente. Temos a obrigación de sinalala sen que iso supoña que a nosa solidariedade e empatía coas vítimas doutras guerras, diminúan. Moi ao contrario. Contodo, estamos obrigados a levantar a voz pois a deshonestidade moral que apoia a enganosa axenda establecida polas elites políticas e os medios occidentais, só está aí para permitirlles, máis unha vez, ocultar o seu racismo, a súa absoluta complicidade con Israel e o estado de apartheid ao que someteron os cidadáns palestinos. Pola miña banda cheguei a descubrir nesta crise até catro suposicións falsas. Paso a resumilas en catro puntos.
No es Ucrania ni Rusia. Daños causados por el bombardeo de Israel en Siria esta madrugada. pic.twitter.com/nxzkR59c5q
— Palestina Hoy 🇵🇸 (@HoyPalestina) March 7, 2022
Punto número uno: Europa dá a benvida aos refuxiados brancos mais aos outros, non.
A decisión sen precedentes de a UE de abrir as súas fronteiras aos refuxiados ucraínos (na Gran Bretaña son máis cautelosos) non pode pasarnos despercibida se a compararmos coa política de portas fechadas imposta aos refuxiados do mundo árabe e de África desde 2015 – Esta clara priorización racista que establece diferenzas sobre a base da cor, a relixión e a orixe étnica entre aqueles que buscan salvar as súas vidas resulta abominábel e o que é peor, non me parece probábel que mude no curto prazo. Tanto é así que algúns líderes europeos como o primeiro ministro búlgaro Kiril Petkov non teñen problemas en declarar o seu racismo publicamente.
“Os refuxiados ucraínos non son os refuxiados aos que estamos afeitos… eles son europeos, intelixentes, educados. … Non son os refuxiados aos que estábamos afeitos, persoas de cuxa identidade non estamos certos, persoas con pasados pouco claros, que poderían mesmo ser terroristas…»
Non, é verdade, os refuxiados ucraínos non están sós. Os medios occidentais dino unha e outra vez: “os nosos refuxiados, non están sós”. E este racismo vese claramente nas pasaxes fronteirizas entre a Ucraína e os seus veciños europeos. Un racismo que inclúe tamén un forte transfondo islamófobo e que non parece que vaia mudar de momento xa que o liderado europeo continúa recusando recoñecer o tecido multiétnico e multicultural do continente. Algo que, sen lugar a dúbida, é debido a unha realidade creada por anos de colonialismo e imperialismo – que os actuais gobernos europeos continúan empeñados en negar – en tanto continúan pondo en práctica políticas de inmigración baseadas no mesmo racismo que impregnou o colonialismo e o imperialismo no pasado.
Punto número dous: É permitido invadir o Iraque mais non a Ucraína
A falta de vontade dos medios occidentais á hora de contextualizar a invasión rusa dentro dunha análise máis ampla que explique como mudaron as regras do xogo internacional en 2003, resulta, como pouco, desconcertante. A día de hoxe é difícil dar con algunha análise ou estudo da situación que sinale o feito de que os Estados Unidos e a Gran-Bretaña violaron o dereito internacional dun estado soberano cando os seus exércitos, axudados por unha coalición de países occidentais, invadiron o Afganistán e o Iraque. É necesario dicilo: A ocupación dun país enteiro con fins políticos non foi inventada neste século por Vladímir Putin; foi introducido como unha ferramenta política por Occidente que a xustificou en numerosas ocasións de acordo cos seus intereses.
Punto número tres: Á vista dos acontecementos parece que o neo-nazismo tornouse tolerábel
Neste sentido, os analistas líbranse moitísimo de explicar os posibei argumentos que Putin puidese ter nesta crise aínda que de ningunha maneira, por suposto, xustifiquen a invasión. Contodo, estes argumentos teñen que ser coñecidos e esixen toda a nosa atención mesmo nestes momentos, coa invasión en marcha. Até este mesmo momento, os medios progresistas occidentais, como The Nation, The Guardian, The Washington Post e outros viñeran advertindo sobre o crecente poder dos grupos neonazis na Ucraína, un poder que, de xeito evidente, podería afectar o futuro da Europa e do resto do mundo. Pois ben, eses mesmos medios son os que descartan hoxe a crecente importancia do neonazismo en Ucraína.
GRAVE: "¿Dónde nos van a llevar?" Lloran dos niños palestinos mientras son arrestados por fuerzas de ocupación israelíes cerca de Jerusalén ocupada ahora. pic.twitter.com/Thg5zfDxvT
— Palestina Hoy 🇵🇸 (@HoyPalestina) March 6, 2022
O 22 de febreiro de 2019 o xornal publicou o seguinte:
“Os crecentes informes de violencia da extrema dereita, o ultranacionalismo e a erosión das liberdades básicas desmenten a euforia de Occidente. Hai pogromos neonazis contra os romanís, ataques desenfreados contra feministas e grupos LGBT, prohibicións de libros e glorificación patrocinada polo estado dos colaboradores nazis”.
Dous anos antes, o Washington Post (15 de xuño de 2017) advertía, moi perspicazmente, que nun hipotético choque de Ucraína coa Rusia non deberiamos esquecer o poder crecente do neonazismo na Ucraína:
“En canto na Ucraína continúa a loita contra os separatistas apoiados por Rusia, Kiiv ten que facer frente á ameaza exposta polos poderosos grupos ultranacionalistas de dereita. Estes grupos non son poucos nin tímidos na hora de utilizar a violencia para conseguiren os seus obxectivos que, sen lugar a dúbida, están enfrentados coa tolerancia dunha democracia de orientación occidental en que Kiiv pretende, aparentemente, converterse”.
O Washington Post desdeña con todo estes temores e di que se trata de “acusacións falsas”:
“Operando en Ucraína hai varios grupos paramilitares nacionalistas, como o movemento Azov e Right Sector que defenden a ideoloxía neonazi. Aínda que exhiben un perfil alto parecen contodo dispor de pouco apoio público. Só un partido de extrema dereita, Svoboda, está representado no parlamento de Ucraína cun único escano”.
Esquecendo, ao parecer, as advertencias que no seu día (9 de novembro de 2017) fixo un medio como The Hill, o sitio de noticias independente máis grande dos EUA:
“Hai, por suposto, formacións neonazis na Ucraína. Isto foi esmagadoramente confirmado por case todos os principais medios occidentais. O feito de os analistas pretenderen descartar estas probas como propaganda divulgada por Moscova é moi preocupante dada a onda actual de neonazis e supremacistas brancos que pululan polo mundo”.
Punto número catro: Bombardear arrraña-ceos é un crime de guerra, mais SÓ na Europa.
Insistir máis unha vez que o goberno ucraíno non só ten conexións con estes grupos e exércitos neonazis senón que, así mesmo, é tamén inquietante e vergoñosamente prol-israelita. Un das primeiras medidas de Volodymyr Zelensky cando foi nomeado presidente, foi retirar a Ucraína do Comité das Nacións Unidas para o Exercicio dos Dereitos Inalienabeis do Pobo Palestino, o único tribunal internacional que se asegura de que a Nakba (catástrofe palestina) non sexa negada nin esquecida.
A decisión foi promovida polo presidente de Ucraína que polo visto non simpatizaba coa difícil situación dos refuxiados palestinos, nin os consideraba vítimas de ningún crime. Nas súas entrevistas posteriores ao último bombardeo bárbaro israelita da Faixa de Gaza en maio de 2021, non dubidou en dicir que a única traxedia de Gaza foi a sufrida polos israelitas.
Mais Zelensky non está só. Cando se trata da Palestina, a hipocrisía dos políticos alcanza niveis vergoñosos. O bombardeo dun arraña-ceos baleiro na Ucraína logo ocupou a primeira plana dos noticiarios internacionais provocando ao mesmo tempo grandes disquisicións sobre a brutalidade humana, a brutalidade e a inhumanidade de Putin. Por suposto que deben ser condenados estes bombardeos! Só que temos que dicir tamén que entre os países que lideran esta condena, están todos os que cando Israel arrasou a cidade de Jenin en 2000, o bairro da el- Dahaya en Beirut en 2006 ou a cidade de Gaza unha e outra vez durante os últimos quince anos, gardaron silencio. En ningunha destas moitas ocasións foron condenados ou, moito menos, se impuxo, sanción algunha contra Israel polos crimes de guerra cometidos desde 1948 até agora. De feito, na maioría dos países occidentais que hoxe lideran as sancións contra Rusia, o simples feito de mencionar a posibilidade de impor sancións contra Israel é ilegal e cualificado de antisemita.
Urgente: IMÁGENES FUERTES: Fuerzas de ocupación israelíes disparan a un joven palestino en la ciudad vieja de Jerusalén ocupada ahora. pic.twitter.com/NYcB9JjAns
— Palestina Hoy 🇵🇸 (@HoyPalestina) March 7, 2022
Dicir tamén que nin cando Occidente, con toda xustiza, manifesta a súa xenuína solidariedade con Ucraína, é posíbel pasar por alto o seu racismo e o rumo profundamente europeísta das súas decisións. Así pois, resulta evidente que a apregoada solidariedade de Occidente está reservada só para aqueles que están dispostos a unirse ao seu bloque e permanecer baixo a esfera da súa influencia mais non achamos por ningún lado este tipo de empatía cando unha violencia similar ou peor é dirixida contra os que non son europeos en xeral e contra os palestinos, en particular.
Por iso, a nosa responsabilidade continúa a ser sinalar esta hipocrisía que en moitos sentidos abriu o camiño para a chegada deste tipo de catástrofes. Lexitimar internacionalmente a invasión de países soberanos e autorizar a colonización e a opresión doutros, como Palestina, serve unicamente para producir traxedias como a que se está producindo en Ucraína e noutras partes do planeta.
Ilan Pappé é profesor da Universidade de Exeter. Anteriormente foi profesor titular de ciencias políticas na Universidade de Haifa. É autor de A limpeza étnica de Palestina, O Medio Oriente moderno, Unha historia de Palestina moderna: unha terra, dous pobos e dez mitos sobre Israel. Pappé é descrito como un dos ‘novos historiadores’ de Israel que, desde a publicación de documentos pertinentes do goberno británico e israelita a principios da década de 1980, estivo reescribindo a historia da creación de Israel en 1948.
Palestina Libre ( Orixinal en The Palestine Chronicle)Traducido para español por Pilar Salamanca