.
.
O Tribunal Supremo español xa ten todos os informes que prevé a lei para facer o seu ditame sobre os pedidos de indulto dos presos politicos. E cando, nove meses despois de teren sido enviados, finalmente parecia que faría o seu relatorio, o tribunal que os condenou, presidido por Manuel Marchena,  sorprendeu cun novo trámite: agora pede aos presos expresaren no prazo de cinco días o que pensan dos pedidos de indulto que lle chegaron. Dío nesta providencia:
.

 

O argumento do tribunal é que, como os pedidos de indulto foron feitos por “terceiras persoas e institucións”, os prisioneiros terían que mostrar o seu parecer, e mesmo facer alegación se o consideraren oportuno. Todos os xuristas consultados por VilaWeb coinciden en dicir que é un trámite estraño, pouco usual, e que non está previsto na lei do indulto española. Esta lei ten un artigo, o 25, que fala sobre o relatorio que ha de facer o tribunal sentenciador a propósito da conveniencia de o indulto ser concedido, que é unha decisión que en última instancia acaba tomando o goberno español. Este artigo di, simplesmente, que o tribunal há de ter en conta, na hora de facer o seu relatorio, “as probas ou indicios de arrepentimento [dos condenados] que se teñan observado”. En troca, si que fai explícita a necesidade do relatorio previo da procuradoría e “da parte ofendida, caso houber”. E neste caso sentiuse ofendida a avogacía do estado.

O Supremo sabe que non hai arrepentimento dos presos políticos, porque son os argumentos utilizados para revogar o terceiro grao. E porque na derradeira sesión do xulgamento, no turno da derradeira palabra, todos os presos, un por un, afirmaron que o que fixeran non era reprobábel e ainda menos motivo de condena penal. As mesmas fontes consultadas consideran que este trámite sobrevindo procura unha humillación adicional, pois o tribunal sabe que os prisioneiros declararon máis dunha vez que poderían aceptar o indulto se o pedía algunha outra persoa (como así foi) e era concedido, mais que eles non se arrepentirían nunca nin pedirían perdón polo Primeiro de Outubro.

O primeiro preso político que reaxiu foi Jordi Cuixart, que dixo “Que creron? Non aceptaremos ningunha humillación. Nin arrepentimento, nin indulto. Dixemolo no Supremo, na rúa e por todo o mundo: a defensa da democracia non admite chantaxes. Imos voltar a facelo! Viva Catalunya libre!”

Josep Casulleras Nualart – VilaWeb