“A islamofobia, como fenómeno global que se manifesta de diversas formas segundo o contexto territorial, serve para fortalecer a autoridade politica e territorial dos estados-nación e solidificar as políticas neocoloniais de guerra, control de fronteras e masacre” (Salma Amzian)

 

 

 

 

A islamofobia, como concepto, foi consolidándose a pouco e pouco na esfera política e social de Catalunya. Os movementos sociais organizan palestras sobre o tema, os medios de comunicación publican artigos sobre o aumento deste fenómeno social , mesmo as institucións públicas crean programas para o combater. Desde unha óptica do anti-racismo moral, pode dicirse que a islamofobia é unha doenza nunha sociedade sana que pode ser erradicada insuflando medicamentos en pequenas doses.

No entanto, se imos alén do diagnóstico, veremos que as causas e as consecuencias do que chamamos islamofobia están enviesadas e sitúanse na orixe mesma do concepto islamofobia.

Se facemos unha breve análise discursiva da islamofobia, dámonos conta de múltiplas armadillas que axudan a consolidar precisamente a ‘islamofobia’. Por unha parte, o concepto mesmo de islamofobia forma parte do propioi campo semántido do desexo, dos sentimentos e sensacións. A islamofobia non é outra cousa que medo. É un sentimento, inconsciente, natural, que forma prte do ser humano. Por outra parte, a islamofobia aparece en situacións de choque, atentados en territorio europeo. Desta feita, hai un círculo perfecto: a islamofobia non é máis que medo diante de situacións de terror, Un diagnóstico fácil que se inxecta nas nosas veas co medicamento: hai que educar e sensibilizar a xente a non ter medo.

A sociedade do espectáculo fai o seu traballo. Os pais dunha crianza asasinada na Rambla de Barcelona abrazan un imán en Rubí, a irmá dun dos supostos terroristas fai un discurso que emociona todo Ripoll e Catalunya, centenares de musulmáns e musulmás saen é rúa a gritar ‘non no noso nome’ por Barcelona adiante, os antifascistas da Ciutat Vella plantan cara aos neonazis diante da Boqueria… Como falar de estruturas de oder, como falar de dispositivos de criminalización, como falar de séculos de deshumanización…

Iso só divide a esquerda e fai crecer a extrema dereita. Non temos que falar como a Generalitat, que organizou unha Comisión de INvestigación sobre os feitos do 17 de agosto convidando activistas anti-racistas e que meses antes aprobou no Parlament un Plano contra a Islamofobia, aplica protocolos de seguranza nas escolas para controlar as crianzas musulmás e através delas as súas familias que forman parte da diáspora magrebina.

Non temos de falar como o estado español desde hai décadas utiliza man de obra dispensábel das súas ex colonias, como no caso do Marrocos. A man de obra de mulleres marroquinas con cargas famiiares que habitan no norte do Marrocos empobrecido polas políticas de austeridade que aplicaron organismos internacionais nos anos 80.

Non temos de falar dos rapaces menores de idade que chegan ás cidades catalás en traxectos que acaban con calquera posíbel esperanza dun futuro mellor cando aterran nunha sociedade de control e represión policial.

Claro, falar de todo isto levaríanos a falar do racismo inherente nos estados-nacións, a recoñecer que forma parte do ADN da súa propia existencia que se consolidou no 1492 a costa da deshumanización de tres cuartas partes da humanidade.

Si, talvez por iso sobre a mesa e negarse a negalo divide a esquerda e fai crecer a extrema dereita. Ou talvez en realidade mostra o que é evidente: que a esquerda sempre estivo dividida e a extrema dereita sempre existiu.

Talvez… Mais preferimos ser optimistas. Por aquilo que dicía Angela Davis de que compre actuar como se houbese esperanza. E que a esperanza nos permite crear un horizonte político, que a suma das partes permite encontrar as fendas do sistema desde onde poder destruílo. Iso estaá facendo o movemento anti racista desde hai unhas décadas. Entender que o racismo forma parte dunha matriz de medo que é inevitábel do capital e o patriarcado.

E a organización da raiba cada vez é máis significativa: os movementos feministas levan a dianteira. Ainda que nos xere unha certa reticencia, entendemos que a mobilización dentro das lóxicas da Modernidade son necesarias na medida en que a desgastan.

Así chegará un momento en que o aparello immunolóxico estará debilitado e é nese momento, que intuímos próximo, cun único golpe poderemos marcar a diferenza. E aquí recuperamos a frase de Sadri Khiari, non como interpelación nin reproche senón como advenimento: “Por ser a compañeira indispensábel dos indíxenas, a esquerda é a súa primeira adversaria”. Comprirá estar preparadas.

Fàtima Aatar ( membro do colectivo Movimiento Moro Antiracista.)