A Xustiza non se safa das consecuencias da pandemia e moitos estados, incluído o Reino de España, lánzanse a buscar solucións no mundo dixital, mais non é tan sinxelo como parece.

 

Primer juicio con audiencia pública en la sección de la Audiencia en Vigo. (Foto: EFE)                                                    Primeiro xulgamento con audiencia pública na sección da Audiencia en Vigo. (Foto: EFE)

 

A noticia coñecíase na pasada cuarta-feira, un tribunal de Singapura condenou a morte un cidadán malaio por tráfico de drogas. Mais o máis invulgar non é a, xa de si, dura sentenza, é que o condenado coñeceu a súa sorte através dunha vídeo-conferencia realizada coa ‘app’ Zoom. Este é un caso extremo, mais serve como exemplo de como a Xustiza tamén sofre as consecuencias da covid e encara unha revolución dixital que moitos aínda non conseguen ver. Un tema tan delicado -como conseguir que os xulgamentos ‘online’ conten coas mesmas garantías que os presenciais- e as dúbidas sobre se a solución dixital serve para todos os casos xerou un grande debate global.

No reino de España a discusión tamén apareceu, e os tribunais españois non son alleos ao que acontece. É máis, desde o inicio de maio, xa se celebraron varios xulgamentos online e cada día son máis. O primeiro foi o 6 de maio no xulgado número 2 de Barbastro, en Huesca, e tratou sobre a modificación das medidas de custodia dunha menor nun divorcio. En canto os avogados das partes e a procuradoría participaron desde casa, a xuíza, a secretaria xudicial e a auxiliar facíano en sala. Despois deste caso viñeron varios máis que fixeron máis visíbel a necesidade de regular todo isto de forma definitiva e así o aseguran especialistas.

Google prohibe aos seus empregados usaren Zoom no traballo polos seus fallos de seguranza

A compañía avisou os seus traballadores que xa non poderán utilizar Zoom por non cumprir a ferramenta cos estándares de seguranza esixidos en Google

O primeiro deles é Jorge Morell, avogado e especialista en Dereito na internet, que, segundo conta a Teknautas, ve con bos ollos esta evolución da Xustiza cara ao uso das novas tecnoloxías, mais deixa claro que aínda resta bastante no Reino de España. “Creo que pode axudar a axilizar moitos procesos e máis coa carga de traballo que aí ven e os problemas da pandemia, mais aínda resta bastante por facer, sobretodo pola falta de recursos técnicos e tamén de formación”, apunta Morell que, aínda que cre que custará, si que aposta por que este é o inicio dun camiño que xa non voltará para trás. “É algo necesario para modernizar o sistema, hai moitos procesos que poden ser resolvidos de maneira telemática”.

Máis reticente é Sergio Carrasco, tamén avogado e especialista en dereito e tecnoloxía. “As circunstancias obríganos a evoluir nisto a pasos largos, e iso non convén cando vimos dun sistema que case non estaba preparado para unha mudanza tan brusca. As cousas están a ser feitas máis depresa que nunca e debemos ter moito coidado e sentar boas bases se queremos que funcione”. Asegura que un xulgamento telemático pode ser xusto, mais é moi posíbel que en troca de usar estas ferramentas tecnolóxicas teñamos que sacrificar certas garantías. “É algo con moitísimas arestas e pormenores e eu vexo moi complicado poder dar todas as garantías”.

 

El juez decano de Vigo, Germán Serrano, durante el primer juicio plenamente telemático realizado en Galicia. (Foto: EFE)O xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, durante o primeiro xulgamento plenamente telemático realizado en Galiza. (Foto: EFE)

 

Carrasco menciona o artigo da maxistrada Natalia Velilla na páxina HayDerecho que defende unha idea similar á súa do punto de vista dunha xuíza e que fala do perigo das présas, que poden acabar conformando un sistema sen alicerces sólidos. “Os xulgamentos telemáticos poden constituír unha ferramenta accesoria que permita a axilización de determinados trámites procesuais, vistas e comparecencias, mais han de garantir a seguranza xurídica”, argumenta Velilla. Ambos, e tamén Morell, falan de dous puntos chave que deben ser moi ben traballados para poderen dar garantías ao proceso: a seguranza do sistema tecnolóxico e a publicidade. De non facerse ben pode xerar grandes problemas, segundo estes especialistas.

Podemos utilizar Zoom?

Tanto para Morell como para Carrasco o primeiro paso para que isto funcione ten que pasar polas ferramentas tecnolóxicas que se utilicen. Sen un programa fiábel o resto pasa a un segundo plano. “Estamos a ver como se comeza a utilizar en todo tipo de administracións, non só xulgados, servizos como Zoom que son de terceiras empresas, internacionais e que, ben, xa sabemos a relativa seguranza que dan. Isto debería mudar”, apunta Carrasco. Morrell, por súa vez, aposta por crear un sistema propio que dea garantías. “Creo que sería importante poder contar cunha ferramenta desenvolvida no estado e que cumprise cos requisitos, mesmo pode utilizarse o código que xa dan algunhas ‘apps’ como Jitsi”.

O obxectivo non é só garantir o servizo interno senón controlar a ferramenta, adecuala ás necesidades e evitar ciberataques ou problemas similares. O propio Tribunal Constitucional ten reservas con este modelo de xulgamentos por medo a ataques e maxistrados como Velilla ven problemas ademais na identificación ou na práctica de proba testemuñal. “Ollando para o futuro, quen che di que alguén non pode chegar a usar ‘deepfakes’ ou enganar dalgunha forma o sistema? Mesmo o declarante pode ter a alguén ao seu lado asesorándoo e que ninguén se dea conta. Hai que ter en conta moitos matices”, argumenta Carrasco.

A secretaria de xulgado durante o primeiro xulgamento plenamente telemático no Xulgado do Social número 2 en Vigo. Durante o xulgamento, os avogados entrarán por video-chamada nunha sala virtual. (Foto: EFE)

Para salvar todos estes escollos, segundo estes especialistas, o primeiro de todo sería desenvolver un sistema estatal de garantías conforme á lei 40/2015, que nos seus artigos 156, 157 e 158 regula este tipo de aplicacións e programas. Despois, con iso, ir construíndo o resto. Relacionado con isto, como explica Morell, o Consello Xeral do Poder Xudiciario traballa nun guía para a celebración de xulgamentos telemáticos que perfilará moito máis como poden facerse, indicando as condicións preferentes, as tecnoloxías recomendadas ou as mellores pautas a seguir.

 

La secretaria de juzgado durante el primer juicio plenamente telemático en el Juzgado de lo Social número 2 en Vigo, este lunes. Durante el juicio, los abogados entrarán por videollamada en una sala virtual. (Foto: EFE)                     A secretaria do primeiro xulgamento con audiencia pública na sección da Audiencia en Vigo. (Foto: EFE)

 

 

Un guía moi necesario para, alén do mais, saber como atallar o problema da publicidade dos xulgamentos. “Os xulgamentos presenciais son públicos e calquera pode acudir, mais claro ti non podes pór un ‘streaming’ de Twitch ou YouTube para que o vexa quen quixer, sería unha loucura. De momento algúns xulgados polo decidiron que quem queira pida unha credencial para poder acceder ao vídeo. Mais claro tamén está o tema de que esa persoa pode gravar todo o que ocorre e facer o que queira con ese vídeo. Mesmo un xornalista acreditado pode gravalo, publicalo, e dicir que é dereito á información. É un tema complicado”, apunta Morell.

É posíbel ditar unha condena de cárcere por video-chamada?

Por último, resta a dúbida de se o xulgamento telemático pode aguantar todo, se podería, unha vez posto a punto o sistema, servir para todo tipo de xulgamentos. Aquí discrepan os avogados. Carrasco aposta por decidir caso a caso, Morell segue a idea da xuíza Velilla e aposta máis por separar entre tipos de xurisdición. “O caso de Singapura é un bo exemplo do que creo que non podería chegar a darse por video-conferencia. Creo que sería moi complicados realizar casos penais por vía telemática mais hai moitos outros como o caso de Barbastro ou moitos civís, mediacións, arbitraxes… en que mesmo se aforraría tempo e diñeiro sen sacrificar garantías”, apunta Morell.

Velilla vai moito alén diso no seu artigo e apunta que “a vídeo-conferencia, portanto, debe ser concibida como algo excepcional, prevista unicamente para casos en que non poida realmente realizarse a actuación xudicial de maneira presencial ou que esta non sexa aconsellada (situación actual de risco de contaxio, por exemplo). Manter que o telemático ‘veu para ficar’ é pór á Xustiza en bandexa tanto a este como a futuros gobernos que facilmente optarán por non crear novos efectivos e saturar aínda máis aos xa existentes”.

 

(Foto: EFE)                                                                   (Foto: EFE)

 

Aliás, como informou este xornal hai unha semana, o debate sobre este tema vén de lonxe no Reino de España. O Tribunal Supremo determinou nunha sentenza de 2005 que as vistas orais non presenciais non garantían a inmediatez da proba e tombou unha sentenza ditada seguindo este sistema.

A resolución, da que foi relator o procurador xeral José Manuel Maza na súa etapa no alto tribunal, determinaba que na orde penal, en tanto outros elementos probatorios, como os testemuños ou as periciais, permitían a posibilidade dunha correcta percepción apesar da distancia, o acusado non só pode ser “obxecto” de proba através do contido das súas manifestacións senón que tamén representa un papel de suxeito activo na práctica das actuacións que se desenvolven no acto do seu propio xulgamento. Para iso, dicía, adquire grande relevancia tanto a súa presenza física como tamén a posibilidade constante de comunicación directa co seu letrado que, doutro xeito, podería ver seriamente limitadas as súas funcións de asesoramento e asistencia.

Aínda que, como asegura Morell, todo apunta a que esta pandemia dará un impulso moi importante á Xustiza telemática, está claro que aínda restan moitas cuestións que hai que resolver e non todos os especialistas as ven igual. No que si coinciden todos é en que nun terreo tan delicado non basta cunha solución como a que usamos en casa. “Un ‘busto parlante’ non pode meter ninguén en prisión”, termina a maxistrada Velilla.

msn