Fernández Marugán conclúe que o Real Decreto que regula as honras militares non recolle “en ningún dos supostos regulados” esta actuación. Ademais, asegura que “é máis adecuado á lóxica dun Estado aconfesional prescindir dunhas honras fúnebres militares” con significado relixioso.

 

Cospedal da inicio a la procesión del Cristo de la Brigada Paracaidista                     Cospedal da inicio á procisión do Cristo da Brigada Parachutista EFE

 

O Defensor del Pueblo determina que o izado a medio pau pola morte de Cristo non está amparado pola lei, apesar de o Ministerio de Defensa insistir en varias ocasións en xustificar esta orde. Contodo, Francisco Fernández Marugán conclúe que no Real Decreto 64/2010 que regula as honras militares “non se establece, en ningún dos supostos regulados, o izado da bandeira a medio pau en Semana Santa” e recomenda que no futuro non se ordene esta práctica.

“E máis adecuado á lóxica dun Estado aconfesional prescindir dunhas honras fúnebres militares” con significado relixioso, precisa.

Para evitar que esta situación volva a producirse, esta institución emitiu na pasada sexta feira unha recomendación ao departamento dirixido por María Dolores de Cospedal en que lle suxire que a partir de agora “as ordes do izado a medio pau da bandeira de España se cinxan exclusivamente aos supostos previstos” nesta normativa.

El Defensor del Pueblo estudou a orde despois de Daniel Lázaro, un estudante de Dereito da Universidade de Salamanca, presentar unha queixa ao considerar que esta tradición “provoca na poboación o sentimento de que o Estado está máis próximo á confesión a que rende as honras”.

Antes de emitir esta recomendación final, esta institución xa presentou unhas consideracións ao recibir a resposta do Xefe de Estado Maior de Defensa. Na contestación, emitida o 19 de outubro do 2017, Fernández Marugán asegurou que “é máis adecuado á lóxica dun Estado aconfesional prescindir dunhas honras fúnebres militares con elementos de marcado significado relixioso”. Na recomendación final mantén esta argumentación e dá a razón a Lázaro ao considerar que “ninguén pode sentir que, por motivos relixiosos, o Estado é máis ou menos próximo que aos seus concidadáns”.

 

La bandera ya ondea a media asta por la muerte de Cristo en el Ministerio de DefensaBandeira a medio pau pola morte de Cristo no Ministerio de Defensa STÉPHANE M. GRUESO / MADRID

 

En marzo, Defensa emitiu un comunicado para xustificar o izado a medio pau da bandeira en unidades militares e na sede do Ministerio desde as 14 horas da quinta feira santa á madrugada do domingo de resurrección.

Nesta nota de prensa aseguraban que o Real Decreto non incorpora prohibición algunha en relación co uso da bandeira e escudábanse nunha sentenza do Tribunal Constitucional do 2011 que foi ditada sobre unha suposta vulneración dos “dereitos á igualdade, á liberdade relixiosa e á tutela xudicial efectiva” relacionados coa “proclamación da Virxe María como patroa do Colexio de Avogados de Sevilla”.

Na contestación emitida na sexta feira, o Defensor fai un repaso pola doutrina constitucional para dilucidar se esta orde “ten unha significación incompatíbel co deber de neutralidade relixiosa”.

Así mesmo, lembra que o artigo 16.3 da Carta Magna “establece que ningunha confesión terá carácter estatal” e alude a unha sentenza emitida en 1981 en que o Alto Tribunal determinou que “todas as institutciones públicas han de ser ideológicamente neutrais”.

Laura Galaup

Fonte: El Diario