A liga Árabe pediu á comunidade internacional que presione Israel para que deixe en liberdade as presas e presos palestinos idosos ou con patoloxías de risco ante o perigo que supón o contaxio por coronavirus.

 

La Liga Árabe pide a Israel que excarcele a presos palestinos en situación de riesgo por el coronavirus

 

Nos cárceres israelitas hai máis de 5.000 presos palestinos, dos cales máis de 700 teñen idade avanzada. Tamén hai presos con patoloxías crónicas co sistema inmunitario débil e 180 nenos e 42 nais.

O subsecretario xeral da Liga Árabe, Said Abú Alí, afirmou en conferencia de prensa recollida pola axencia de noticias palestina Wafa que existe unha “necesidade humanitaria” e que o Dereito Humanitario ampara estas postas en liberdade. “Salvade a vida dos presos”, resaltou.

En calquera caso, Abú Alí istou as autoridades israelitas a proporcionarlles as medidas de protección necesarias para evitar contaxios e advertiu que as autoridades ocupantes son responsabeis da vida dos persoas presas.

Os prisioineiros palestinos anunciaron que porán en marcha unha serie de protestos para denunciar a pasividade do Servizo de Prisións de Israel ante o risco de contaxio por coronavirus.

Na pasada segunda-feira a Autoridade Palestina recibiu 25 millóns de dólares en impostos retidos por Israel para facilitar a loita contra o coronavirus, segundo explicou un porta-voz palestino, Ibrahim Milhem, que lembrou que son máis de 300 millóns os que retén Israel, o equivalente aos subsidios que a Autoridade Palestina paga a familias de presos e falecidos por acción israelita.

Europa Press