A compra acrítica dunha nota de prensa fai voar polos ares a presunción de inocencia.

 

 

A nota de prensa da Garda Civil sobre as detencións de membros dos CDR aparece estrada de condicionais e matices para non pillar os dedos: “Poderían estar preparados”, “supostos”, “substancias considerads precursoras para a confección de explosivos”·, “susceptibeis de”, “á espera de confirmación por parte de especialists”, “orientada a esclarecer”, “para estudialo”… Nada concludente. Mais tanto ten: a nota cumpre a súa función de vicnular violencia co Procés, xa que a prensa unionista colle o machete e aplica a bonita práctica da poda de condicionais e supostos. “Detidos 9 membros do CDR por preparar accións con explosivos”, di un titular da web El Períodico, en que a presunción de inocencia caeu no traxecto que vai do corpo armado ao xornal. La Vanguardia tamén a saltaba até que, unhas horas despois, un pudoroso “supostamente” apareceu no título. El Confidencial regaba con mollo a nota de prensa e falaba de “artefactos explosivos que poderían ter ocasionado mesmo vítimas humanas”. Artefactos, insisto, que ninguén encontrou. Porque os precursores de explosivos -que a nota non detalla nin cales son nin en que cantidade- poden ser tan cotidianos como o cloro, a acetona ou a agua osixenada. O que non impedía Espejo Público intitular: “DEteñen 9 independentistas radicais que preparaban bombas para a sentenza do Procés”. Ainda non din que enriquecen uranio.

Compre prudencia antes de condenar mediaticamente como se está facendo. Despois dos ridículos da operación Dixan ou do caso Carrasco, aquelas batidas  han de collerse con pinzas profilácticas de cepticismo. Caso contrario, pode repetirse a vergoña daquela detención dun grupo anarquista e vegano que, como mínimo, xerou un glorioso título en El Español: “Cando te collen por terrorista por ter na casa lixivia, bicarbonato e caldo de col lombarda”.

Álex Gutiérrez

Ara