O Goberno de coalición PSOE-UP, presidido por Pedro Sánchez, con esas manobras, SNMG-2 e Iniochos 2021, fai un exercicio de normalización de Israel, como se fose un estado «normal». Si, con esa potencia ocupante, que destrúe casas, expolia, afoga os palestinos e as palestinas de Gaza, que incumpre todas as resolucións das Nacións Unidas que houbo e hai.A Constitución española avoga por colaborar no fortalecemento dunhas relacións pacíficas e de eficaz cooperación entre todos os pobos da Terra. Isto implica que as accións da nosa política exterior terían que estar rexidas por estes principios.

.

 

España participará activamente en las maniobras de la OTAN ...

 

Mais, entre as palabras e a acción, o foxo é grande.

Así, o Exército español, a súa mariña, no seo da OTAN, acaba de protagonizar unhas manobras militares con Israel, a SNMG-2 e vai protagonizar outras coa aviación israelita, Iniochos 2021. En palabras do Ministerio de Defensa, que rexe Margarita Robles, a fragata Cristóbal Colón, integrada na SNMG-2 como buque de mando, entrou nos mediados de febreiro no porto de Haifa (Israel). Alén diso, a Cristóbal Colón mantivo reunións de coordenación coa mariña Israelita para preparar os exercicios que se realizarían posteriormente.

Quer dicir, o Goberno de coalición PSOE-UP, presidido por Pedro Sánchez, con esas manobras, SNMG-2 e Iniochos 2021, fai un exercicio de normalización de Israel, como se fose un estado «normal». Si, con esa potencia ocupante, que destrúe casas, expolia, afoga as palestinas e os palestinos de Gaza, que incumpre todas as resolucións das Nacións Unidas que houbo e hai, cunha lexislación supremacista e que fai burla dos crimes de guerra definidos polas Convencións de Xenebra ou repudia a investigación deses crimes ou os de lesa humanidade que ten que levar a cabo a Corte Penal Internacional.

O Reino de España non fai outra cousa que asumir como propia a política da OTAN. «Este PASSEX foi a segunda interacción entre a Armada israelí e a OTAN en menos de tres meses. A cooperación entre a OTAN e socios como Israel é esencial para contribuír ao éxito da OTAN e aumentar a seguranza da comunidade internacional. Partillar información e exercermos xuntos son ferramentas esenciais para alcanzar a interoperabilidade, reforzar a cohesión e xerar confianza entre a OTAN e os seus socios», dixo o Contra-almirante Manuel Aguirre, Comandante do Grupo Marítimo Permanente Dous da OTAN.

A nota da OTAN sobre as manobras navais recolle que «como membro activo do Diálogo Mediterráneo durante máis de vinte e cinco anos, a cooperación entre Israel e a OTAN incluíu un amplo espectro de áreas como procura e rescate, axuda humanitaria, seguranza fronteiriza, loita contra o terrorismo e cooperación médica, entre outras». A prisión de Gaza, os asasinatos extra-xudiciais, a tortura, a detención administrativa, as matanzas periódicas etc. deben formar parte desa axuda humanitaria ou de loita contra o terrorismo. Sobre a irresponsabilidade israelita como potencia ocupante no ámbito sanitario e as vacinas déixase para outros ouvidos máis esixentes

 

Santiago González Vallejo