O Coletivo La Insurgencia reúne doce mozos ao redor dun micrófono. Cantan hip-hop e fano con rabia, con forza. Rapean sobre os seus problemas e a frustración dunha xeración cun futuro difuso. O máis novo de todos eles ten 20 anos. O máis vello fará nuns días os 31. Moitos nin se coñecen en persoa. Coñecéronse nas redes sociais e decidiron xuntar os seus vídeos sob una mesma marca: La Insurgencia. Non eran famosos. Pode dicirse que estaban a comezar nisto da música. Con todo, había quen si os escoitou.

Saúl Zaitsev, nombre artístico, en su videoclip 'Andar'

A Audiencia Nacional pede para cada un dos doces rapeiros de La Insurgencia un total de dous anos e un día de cárcere, 9 anos de inhabilitación para exercer cargos públicos e 4.800€ de multa. Acúsaos dun “delito de enaltecemento do terrorismo”. Segundo o escrito do fiscal José Perals Quella o grupo “enxalza de maneira case sistemática a organización terrorista PCE (r) – GRAPO” e a mensaxe das súas cancións “mantén unha tónica subversiva fronte á orde constitucional democrática”.

O mozo rapeiro Saúl Zaitsev (nome artístico), de 20 anos non comparte o xuízo do fiscal. Considera que foron seleccionadas frases isoladas das súas cancións para poder dicir que son violentas. Lembra, ademais, que compuxo cancións contra o consumo xuvenil de drogas e que serviu para os rapaces que hoxe van ao seu antigo instituto. Na quinta e sexta desta semana a Audiencia Nacional decidirá como será o resto da vida dos doce mozos.

“Determinadas frases poden soar agresivas, mais ninguén pode ir ao cárcere por facer cancións de mal gusto”

De feito, Saúl rexeita que a súa música sexa agresiva ou violenta. “Hai que ter en conta que cantamos hip hop, que é un xénero que debe transmitir rabia. E creo que nós transmitimos a rabia e a impotencia que creo que gran parte da nosa xeración ten, sen perspectivas de futuro, co desemprego xuvenil disparado… Nós deixamos escapar esa frustración a través da nosa música. Outros o fan a través do grafitti ou eu que sei”, continúa.

Concretamente, a Saúl pídenlle dous anos de cárcere por, entre outras, as seguintes frases:

  •  “Desde que lemos o partido témolo claro, a palabra é unha arma, o noso rap un disparo, mais sabemos que a loita está na rúa irmán”.
  •  “Non somos artistas, somos loitadores, non somos letristas, somos axitadores, somos militantes espertando mentes”.
  • “Os meus heroes non son capos, os meus heroes son GRAPOS lánzanos o tirito rapaz que eu non entro ao trapo”.
  • “Feliz cando axustizen na praza do pobo Letizia Ortiz”

[VER O RESTO DE FRASES POLAS QUE FORON IMPUTADOS]

Un absurdo

Que a Fiscalía da Audiencia Nacional queira meter entre reixas o colectivo La Insurgencia é para Saúl un “absurdo e unha desproporción inmensa”.

“Como imos enaltecer un terrorismo que non existe? Que enaltecemos?”, pregúntase o mozo de 20 anos, que lanza a cuestión ao aire de que gaña este Estado ou este país con eles dentro da prisión.

“A miña música non é ningún delito e non creo que ninguén se teña visto animado a cometer delitos despois de escoitarme. Expresa opinións, coas que podes estar de acordo ou non, mais que son compartilladas por moitos aquí no meu barrio e na contorna no que me movo”, expresa Saúl, que denuncia que sente perseguido por “disidente”. “Perseguen co Código Penal a disidencia ao sistema que impera en España. Aí están as condenas contra outros rapeiros como Valtonyc ou Pablo Hassel”, sentenza.

PDLI denuncia o xuízo

A Plataforma en Defensa da Liberdade de Información (PDLI) considera que o xuízo aos doce rapeiros de La Insurgencia na Audiencia Nacional polas súas letras é un “novo atropelo á liberdade de expresión e unha vulneración deste dereito fundamental, contrario aos estándares internacionais aos que está suxeita España, como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o Convenio Europeo de Dereitos Humanos”.

Fonte: Público