Os expertos da ONU cren que, independentemente da legalidade do referendo, as autoridades españolas “teñen a responsabilidade de respectaren aqueles dereitos que son esenciais ás sociedades democráticas”. Para aqueles que ainda non coñecen a situación que se vive en Catalunya estes días, a ONU lembra que “centenares de millares de cataláns lanzáronse á rúa a protestar” e a tensión foi en aumento a medida que “as autoridades revistaban imprentas e confiscaban material do referendo”. “Bloqueron webs, impediron reunións politicas, detiveron políticos”, lembra a ONU, que alerta que os líderes dos protestos foron acusados de sedición, un crime que comporta até 15 anos de cárcere.

 

Dous expertos da ONU elaboraron un relatorio publicado polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos en que denuncian a represión contra as persoas que participan na campaña de apoio ao referendo do primeiro de outubro. O organismo denuncia vulneración de dereitos fundamentais como liberdade de expresión, de reunión, de asociación e de participación politica

Tamén se puxo en contacto co goberno español para mostrar a súa preocupación.

 

noticia onu catalunya drets fonamentals

Os expertos da ONU temen que o operativo policial contra o 1-O estexa interferindo nos dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, de reunión e participación, e de participación pública. Os expertos que advertiron ao Estado son David Kaye, relator da ONU encarregado de protexer os dereitos de opinión e expresión, e o experto Alfred de Zayas

“As medidas que estamos vendo son preocupantes porque poden violar dereitos individuais fundamentais” e silenciar “información pública e a posibiliadde dun debate nun momento crítico para a democracia española”. Alertan que, a día 21 de setembro, máis de 4.000 policías foron enviados a Catalunya con orde do goberno español de “actuaren caso o referendo tiver lugar”. “Preocúpanos que esta orde e a retórica que a acompaña poda aumentar as tensións e a axitación social”, aseguran os expertos.

Por todo isto, urxen os partidos a evitaren a violencia de calquera tipo e aseguraren as protestas pacíficas durante os próximos días, conclúen. David Kaye, un dos relatores especiais, forma parte do que se coñece como Procedementos Especiais do Consello de Dereitos Humanos, o máximo órgao de expertos independentes do sistema da ONU para os Dereitos Humanos.

Información recollida de Vilaweb e Nació Digital (28/09/2017)