O Reino de España ten de respectar os dereitos politicos de Jordi Sànchez. Así o esixe o Alto Comisionado dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas nunha resolución desta sexta feira. A resolución responde a unha demanda presentada pola defensa do deputado (número dous da lista de JxCat) e ex presidente da Assemblea Nacional Catalana (ANC) formulada esta mesma semana en que reclamaba medidas cautelares.

seu onu ginebra - UN Photo / Jean-Marc Ferré

 

Concretamente, na súa comunicación, o organismo da ONU requer o Estado español que “tome as medidas necesarias para asegurar que Jordi Sànchez pode exercer os seus dereitos politicos”. Faino ao abrigo do artigo 25 do Convenio Internacional de Dereitos civis e Politicos. Estas medidas cautelares non implican a decisión final despois de ser examinada a demanda do deputado, esclarece o documento.

 

 

 O artigo 25 do Convenio Internacional de Dereitos Civis e Políticos regula os dereitos á participación política sen restricións, como é o caso do dereito ao sufraxio activo e pasivo, “garantindo a liberdade de expresión dos votantes”.

Este organismo da ONU ditou as medidas cautelares en base ao artigo 92 do seu regulamento interno, que estabelece que o Comité de Dereitos Humanos poderá comunicar ao Estado a conveniencia de medidas cautelares antes de emetir un ditame “para evitar un dano irreparábel à vítima da violación denunciada”.

Fonte: El nacional