O avogado británico Ben Emmerson fará público hoxe, cuarta-feira, o ditame do Grupo de Traballo sobre Detención Arbitraria, que reclama indemnizacións aos presos políticos e é moi crítico co goberno español.

 

Junqueras, Sànchez e Cuixart nunha imaxe de arquivo. | ACN

 

O Grupo de Traballo sobre Detención Arbitraria das Nacións Unidas, que depende da súa Oficina dos Dereitos Humanos, pedirá a posta en liberdade inmediata do líder de ERC, Oriol Junqueras, do Presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, e do ex presidente da ANC, Jordi Sànchez. Así avanzaron fontes xurídicas ao xornal Nació Digital na pasada segunda feira. Unha información recollida hoxe, terza-feira polo xornal El País.

Nun escrito de 19 páxinas que enviou o pasado 27 de maio ao goberno español, o grupo de traballo demanda a posta en liberdade dos presos, e mesmo afirma que terían de ser indemnizados economicamente por teren sido privados de liberdade cando ainda non hai sentenza e non teñen responsabilidades executivas. Tamén insta o Estado a facer unha investigación “exhaustiva e independente”.

O prestixioso avogado británico experto en dereito internacional e dereitos humanos Ben Emmerson presentou no mes de febreiro de 2018 en nome dos tres presos (Joaquim Form rexeitou sumarse embora tamén estivese xa privado de liberdade) unha comunicación ao grupo de traballo para que confirmase ou non se a situación de prisión preventiva vulneraba dereitos fundamentais recollidos na Declaración Universal dos dereitos Humanos. E a resposta é que con efeito eses dereitos estaban sendo vulnerados.

Ditame contundente con España

O ditame do grupo, que preside o experto en dereitos humanos mexicano José Guevara Bermúdez é, segundo as mesmas fontes, “moi duro con España” e en concreto co Ministerio de Exteriores, que dirixe ainda Josep Borrell. concretamente, subliña que Junqueras e osJordis foron “acusados por sedición en relación ao protesto social e pacífico dos dias 20 e 21 de setembro do 2017” e por un referendo que “é permitido en España”.

  Ferran Casas

Nació Digital