O xornal italiano Corriere della Sera revelou, o 5 de xuño de 2022, a existencia dun programa de «vixilancia sobre personalidades italianas clasificadas como «prorrusas».
Ese programa é dirixido polo servizo de intelixencia de Italia, que depende directamente do primeiro ministro.
A axencia de prensa italiana ANSA publicou o boletín nº 4 dese programa, sob o título Hybrid Bulletin.. Ese boletín, nº 4, cobre o período que vai desde o 15 de abril até o 15 de maio, o cal permite supor que o boletín nº 1 ía do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro e confirmaría que o programa comezou antes da operación militar rusa en Ucraína.
Nese informe da intelixencia italiana é sinalado o noso colaborador Manlio Dinucci como a “fonte «máis perigosa» [1]. ”
Sen interrogarse sobre o contido dese informe da intelixencia italiana, o Corriere della Sera afirma mesmo que o presidente ruso Vladimir Putin mencionou Dinucci no seu discurso do ‘Día da Vitoria’, o cal é simplesmente unha mentira.
En todo caso, todo iso permite pensar que a censura, por parte no xornal de esquerda Il Manifesto do artigo que Manlio Dinucci dedicou á estratexia planeada contra Rusia pola RAND Corporation [2] foi resultado de presións externas ao xornal.
A comisión do parlamento italiano a cargo dos servizos de intelixencia -o Comitato parlamentare per la sicurezza della Repubblica– decidiu tomar nas súas propias mans o asunto.
Mais todo indica que nada disto é unha iniciativa italiana senón parte dun programa da OTAN aplica en todos os países membros dese bloque bélico.
Iso explica por qué o Consello de Defensa de Polonia acaba de solicitar ao fornecedor de internet Orange que censure o noso sitio web, Red Voltaire.
[1] «Ucrania y la desinformación del “sistema de información”», por Manlio Dinucci, Grandangolo, Red Voltaire, 19 de xuño de 2022.
[2] «Ucrania: todo estaba escrito en el plan de la RAND Corporation», por Manlio Dinucci, Red Voltaire, 10 de marzo de 2022.