Os investigadores constatan que a persoa que apuntou un arma de fogo durante os protestos na Universidade Complutense de Madrid pola visita da embaixadora do Estado de Israel, era un membro da seguranza da delegación diplomática.

 

Captura del vídeo grabado por los manifestantes durante la protesta.               Captura do vídeo gravado polos manifestantes durante o protesto.

 

O home que empuñou unha pistola durante o protesto dun grupo de estudantes na Universidade Complutense de Madrid no pasado 8 de febreiro foi identificado. Trátase dun axente israelita que pertence á equipa que exerce labores de seguranza para a Embaixada de Israel no Reino de España.

O que esgrimiu o axente era unha arma curta de fogo, información incluída no atestado remitido pola Brigada de Información ao xulgado de garda xunto con outros pormenores do incidente que tivo lugar na pasada cuarta-feira na Facultade de Filoloxía da Complutense.

E é que a chegada da embaixadora do Estado de Israel, Rodica Radian-Gordon, convidada a participar nunhas palestras, non foi ben recibida. Diversos grupos estudantís e asociacións posicionáronse en contra da súa presenza e manifestáronse en favor do pobo palestino no campus.

Durante o protesto, a Policía irrompeu no lugar, detivo dúas das activistas e dispersou o resto. Feitos que as asociacións de estudantes condenaron en redes dada a “dura represión contra manifestantes por parte das forzas e corpos de seguranza do Estado”, segundo redactaron nun comunicado.

Aínda que nun principio non foi posíbel confirmar que a persoa que empuñaba o arma de fogo era axente israelita, os investigadores detallaron finalmente que se trata dun membro das Forzas de Seguranza dese estado e que como tal está autorizado a levar este tipo de armas no reino de España. Agora será o xulgado o que determine se o axente se excedeu nas funcións que lle son atribuídas.

Público