“Pido que non elevemos a anedota a categoría”. Así se referiu o Director Adxunto Operativo da Policía Nacional (DAO), José Ángel González, ás denuncias que varios usuarios de redes sociais están a levar a cabo sobre supostas actuacións desproporcionadas das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado en diferentes puntos do país. Na conferencia de prensa diaria que ofrecen os responsabeis técnicos á fronte da crise do Covid-19, o DAO da Policía Nacional respondeu así ás preguntas remitidas por La Marea ante este tipo de imaxes que veñen sucedéndose na rede desde o comezo do estado de alarma.

 

Resultado de imagen de José Ángel GonzálezJosé Ángel González

 

“Pido que non elevemos a anedota a categoría”. Así se referiu o Director Adxunto Operativo da Policía Nacional (DAO), José Ángel González, ás denuncias que varios usuarios de redes sociais están a levar a cabo sobre supostas actuacións desproporcionadas das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado en diferentes puntos do país. Na conferencia de prensa diaria que ofrecen os responsabeis técnicos á fronte da crise do Covid-19, o DAO da Policía Nacional respondeu así ás preguntas remitidas por La Marea ante este tipo de imaxes que veñen sucedéndose na rede desde o comezo do estado de alarma.

O Centro de Defensa de Dereitos Humanos-Irídia é unha das organizacións que denuncia este tipo de feitos. “Partimos de que son casos isolados, claro, porque se non teriamos un problema grave, mais o que non se pode facer é tratar actuacións que poderían ser delituosas como simples anécdotas, porque non o son”, asegurou a codirectora de Irídia Anaïs Franquesa. Nos vídeos, xeralmente gravados desde as xanelas por persoas confinadas nas súas casas, poden observarse aparentes abusos de forza de axentes dos diferentes corpos contra persoas que están na rúa mais que, sempre segundo as imaxes referidas, non presentan resistencia aos axentes nin mostran actitude violenta.

Nos catro casos, documentados através das gravacións divulgadas en redes sociais, é posíbel observar como, en diferentes puntos do Estado, axentes de policia propinan labazadas, agriden con porras ou insultan persoas que transitan pola vía pública.

“Observamos con actuacións que poderiamos considerar como desproporcionadas. Como entidade, podemos entender o estado de alarma e as restricións á liberdade que isto leva consigo, mais non se pode tolerar que as actuacións non sexan rexidas polos criterios de congruencia, necesidade, etcétera, e, en actuacións concretas, consideramos que non se están cumprindo”, explicou Franquesa.

O DAO da Policía Nacional, por súa vez, eloxiou o traballo dos axentes durante esta situación excepcional. “Diariamente 20.000 policías patrullan as rúas das nosas cidades e fano cunha grande profesionalidade, dedicación e cunha grande vocación de servizo aos outros. E así é percibido pola cidadanía, xa que somos unha das institucións mellor valoradas actualmente”, resaltou. E asegurou que os diferentes corpos contan cun “código ético, un regulamento disciplinar e a todo aquel comportamento que se desvía diso ábrese o correspondente procedemento disciplinar”. No mesmo sentido se expresou o xefe do Estado Maior da Garda Civil José Manuel Santiago Marín, que dixo durante a conferencia de prensa que non lle consta que este tipo de actuacións fosen cometidas por membros do corpo da Garda Civil.

Franquesa asegura a La Marea que remitiron catro denuncias ao Defensor del Pueblo: «Consideramos que son actuacións desproporcionadas dalgúns policías nacionais e locais, e pedimos que sexan investigadas, que haxa canais adecuados para as entidades de dereitos humanos podermos enviar este tipo de denuncia, e, por suposto, que se dean directrices para que a proporcionalidade rexa este tipo de actuacións onde o diálogo é primordial”.

La Marea