Nestes casos -algúns dos cales xa foron arquivados- a policía española e a Garda Civil utilizaron o delito de odio para presentaren querelas contra críticas ás súas accións. Embora o delito de odio está previsto no artigo 519 do código penal español para protexer colectivos vulnerábeis, recorreron a el como arma repressiva contra o independentismo.

Agora, porén, a Audiencia de Barcelona estableceu un precedente: a policía española e a Garda Civil non pode ser consideradas vítimas potenciais dun delito de odio. Dío a sección sexta nun  auto publicado no 12 de decembro que pasou bastante despercebido. Chamou a atención sobre el o bufete de avogados de Benet Salellas, que subliña que a Audiencia cita xurisprudencia de dúas sentenzas recentes do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos (TEDH)

 

 

Mostra la imatge al Twitter
Concretamente, o auto di: “Os corpos policiais non poden ser considerados un grupo ou colectivo que necesite protección especial sob o paraugas do discurso do odio. Ao contrario, é unha institución pública que, como outras do seu tipo, ha de ter un grao maior de tolerancia diante de catro palabras ofensivas”.
Tamén sinala a contradición entre a proeminencia que o TEDH e o Tribunal Constitucional español dan á liberdade de expresión e ao feito de os corpos policiais poderen ser considerados obxectos do ‘discurso do odio’. Neste sentido, indica que a liberdade de expresión pode verse ‘desmotivada’ se non se protexe a crítica. “Non calquera colectivo ou grupo social de persoas pode ser tributario da protección que lle dispensa a prohibición do denominado ‘discurso do odio’, que ha de ser circunscrito aos colectivos vulnerábeis e historicamente discriminados no contexto concreto en que se emite o discurso”, conclúe.

O precedente do TSJC

No pasado mes de xuño, o Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC) decidiu non admetir unha querela contrao deputado de ERC Ferran Civit por uns chíos en que instaba a expulsar os policías españois e os gardas civis que se aloxaban en hoteis de Catalunya para impediren o 1-O. O tribunal dixo que o delito de odio só podería ser aplicado contra aqueles que incitaban á discriminación de colectivos vulnerábeis, mais non contra os que criticaban ou ameazaban os corpos policiais.

O TSJC liquidou a querela de maneira contundente: “Non constitúe un delito de odio calquerea expresión de hostilidade divulgada publicamente contra unha ou máis persoas pertencentes a un colectivo ou grupo social identificábel, ainda que sexa claramente ofensiva e perturbadora da paz social e a orde pública. [,,,] A consecuencia é que o discurso de odio ou hostilidade contra a autoridade ou contra os axentes da autoridade non pode ser sancionado co artigo 510”.

Roger Graells Font

VilaWeb