Segundo informa Morrazo Noticias, desde o pasado 2 de febreiro, os axentes da Policía Local de Moaña estarían ‘preparados’ para utilizar unha pistola Táser adquirida polo Concello. A arma será levada por un dos dous axentes da patrulla e o outro levará unha cámara de vídeo para ter rexistro áudio-visual das actuacións. O axente responsábel de impartir o curso de formación impartido dos axentes afirma que se trata dunha “arma non letal”, ainda que numerosos casos en diferentes países mostran o contrario.
.
.

 

Durante as catro horas do curso impartido en febreiro, o profesor explicou en que situación pode ser utilizada e a importancia desta arma dentro do corpo policial. “É importante para todas as policías locais porque reduce as accións tanto dos axentes como dos agresores e é unha alternativa á utilización das armas de fogo ainda que non as substitúe” (sic), afirmou. Na altura só restaría por realizar as accións administrativas correspondentes antes de que un dos dous axentes da patrulla a leve en cada servizo, segundo Lois Casás, Xefe da Policía Local de Moaña.

 

Los agentes durante la charla de esta mañana en el salón de plenos de Moaña.

Según el jefe de la Policía Local de Moaña, Lois Casás, ahora sólo queda por realizar las acciones administrativas correspondientes antes de que uno de los dos agentes de la patrulla la porte en los servicios. El otro, será el encargado de llevar la cámara de vídeo para tomar registro audiovisual de las actuaciones que puedan llevarse a cabo con el uso de este arma.

Os perigos das Pistolas Taser

No 20 de xullo de 2017 o pleno do Concello de Compostela aprobaba unha moción sobre a interrupción do uso de armas perigosas polas forzas e corpos de seguranza na cidade. Se ben é verdade que no acordo non se mencionan explicitamente as Pistolas Taser, o certo é que este tipo de arma mostrou amplamente a súa perigosidade, e mesmo a súa letalidade.

O propio fabricante, a compañía texana Taser, adverte sobre os severos danos que pode chegar a causar este tipo de armas electronicas e alerta do perigo que implica a utilización. A proba é que tivo de enfrentar xa un centenar de xuízos polos danos causados, embora conseguise contornar os procesos porque o guía para os usuarios adverte de todos os riscos que entraña a utilización destes dispositivos e subliña que o suxeito, ao se resistir á autoridade, “xa está pondo en risco a súa vida”.

Someter unha persoa a 15 segundos de descargas produce o mesmo efecto físico que ter sido esganado ou ter trabado loita, e adverte que eses efectos psicolóxicos e metabólicos, “aumetan o risco de morte ou dano severo”, explica o Guía.

Entre os posíbeis efectos adversos están as hernias, deslocacións en tendóns e ligamentos e mesmo fracturas, debido ás contraccións que experimentan os músculos durante as descargas. As persoas con doenzas previas son ainda máis propensas a sufriren feridas e menciona como poboación de risco, ainda que non a limita a esas persoas, as mulleres grávidas, persoas con osteoporose, ou que sufriron operacións, crianzas ou persoas de constitución pequena. Tamén indica que o dano pode ser maior se a persoa reacciona tentando facer un movemento rápido no momento de recibir a descarga eléctrica, algo que parece previsíbel acontece na práctica.

Desmaios e quedas provocadas polo colapso no sistema nervoso periférico que controla a mobilidade poden resultar en feridas e efectos non desexados. Se se disparar apuntando á cabeza tamén podería causar epilepsia. Stress e dor acompañados de tremores, pánico e medo previo e posterior son outros efectos probabeis cando se utilizan as Taser. Efectos psicolóxicos e mudanzas no metabolismo tamén son descritos no Guía. Tecnicamente os dispositivos non son armas de fogo, embora utilicen un sistema de propulsión de nitróxeno comprimido para transmitir impulsos eléctricos admistrando unha descarga de 50 mil voltios que deixa o individuo incapacitado de forma inmediata. O X26 utiliza dous dardos condutores lanzados a unha distancia de até 11 metros e transmite un sinal eléctrico que ataca o sistema nervoso periferico, afectando a mobilidade e o equilibrio.

O fabricante admite mesmo que os dardos poden atravesar varias camadas de roupa así como penetrar até unha pulgada dentro da pel, provocando feridas, se a persoa está co tronco nu ou se quen dispara apunta a unha parte descoberta do corpo a pouca distancia.