Esta semana, concretamente a cuarta feira, fixo un ano do ingreso en prisión do rapeiro Pablo Hasel. Hasel está no cárcere de Ponent, en Lleida, unha desas prisións que os cancioneiros antigos, neste caso o cancioneiro popular catalán, inmortalizaron xa hai séculos.
.
Amnistía Internacional: ”Es injusto y desproporcionado que Pablo Hasél  entre en la cárcel”Pablo Hasel

 

Vicent Partal

 

A detención e posterior entrada en prisión de Hasel espertou en Catalunya e noutras partes de Europa unha onda de solidariedade que un ano despois parece apagarse. Efectivamente esta vez non vimos as grandes manifestacións que se viron aqueles días, mais si tiveron lugar actos en lembranza da efeméride. Alén desta circunstancia concreta, contodo, o que resulta evidente é que boa parte da sociedade non entende, simplesmente porque non se pode entender, esta persecución desaforada que se exerce contra un artista. Artista co cal se pode estar máis ou menos de acordo ou que pode gustarche máis ou menos, mais que non fixo outra cousa que cantar, falar e expresarse.

Precisamente esta mesma semana a Comisaria de Dereitos Humanos do Consello de Europa,  Dunja Mijatovic, enviou ao parlamento español unha dura carta en que cualifica de alarmante o grande número de condenas que teñen lugar no Reino de España en aplicación da coñecida como Lei Mordaza.

As liberdades máis elementares vense así ameazadas e, por desgraza, Martxelo e María, non só desde España. Toda esta semana produciuse en Barcelona un constante xogo do gato e o rato entre os manifestantes que se concentran cada noite, desde hai máis de seiscentas, na Meridiana, para expresaren o seu rexeitamento á represión e aos Mossos d’Esquadra, que desde o sábado pasado tentan impedir cada noite que o fagan. Ilegalmente.

Porque mesmo existe xurisprudencia do propio Tribunal Constitucional español que avala o dereito a te manifestares cando o consideres oportuno e por tanto tempo como creas necesario. As cousas que hai que ver.

Nós Diario