International Trial Watch considera unha ‘nova situación anómala nun estado democrático de dereito’ que a mesa do Congreso español, nin mesmo o poder xudiciario, suspendese os presos electos cunha interpretación ‘forzada’ da lei de axuizamento criminal. No seu parecer, a mesa exerceu funcións que non lle corresponden. Aliás, invocou unha norma que o Supremo recusara aplicar e que ‘tampouco é de aplicación neste caso segundo xurisprudencia do TC’, apuntan os membros de ITW.
.
.
.
.

Polo que di respecto ao xulgamento da semana pasada, os membros de ITW critican no seu relatorio semanal as preguntas da procuradoría aos peritos da defensa, que denotan unha ‘concepción pouco democrática respecto do exercicio dos dereitos fundamentais como o de reunión e manifestación e o de liberdade de expresión’.

Referen en concreto as preguntas sobre declaracións públicas ou chíos no Twitter animando a cidadanía a participar en manifestacións. ‘dando a entender que poderían ser apelos á violencia’. Os membros da equipa de ITW tamén constataron que o relatorio dos peritos da acusación sobre o valor monetario dos edificios utilizados para o referendo foi elaborado polo xulgado núm. 13, apesar de o presidente da sala ter afirmado anteriormente que non serían tidos en conta elementos probatorios procedentes directamente daquel xulgado.

Relatorio semanal

VilaWeb