A utilización dos dereitos humanos como unha arma transformou o dereito individual e colectivo á asistencia, a protección, ao respecto e á solidariedade, baseados na nosa dignidade e igualdade humanas comúns, nun arsenal hostil aos competidores e adversarios políticos. Na reserva de dereitos humanos como arma, a técnica de ‘nomear e envergoñar’ converteuse nunha especie de ubicuo Kalashnikov.

Contodo, a experiencia demostra que nomear e envergoñar non alivia o sufrimento das vítimas e só satisfai os obxectivos estratéxicos de certos gobernos, organizacións non gobernamentais e unha crecente industria de dereitos humanos que instrumentaliza os dereitos humanos co fin de desestabilizar outros e coa suficiente frecuencia para facilitar a ‘mudanza de réxime’, independentemente do antidemocrático que poida parecer e apear do principio do dereito internacional consuetudinario de non intervención nos asuntos internos dos Estados soberanos. Esta estratexia baséase na falsa premisa de que o ‘nomeador’ dalgunha maneira posúe autoridade moral e que o ‘nomeado’ recoñecerá esta superioridade moral e actuará en consecuencia. Teoricamente, isto podería funcionar se o ‘nomeador’ practicase ‘nomear e envergoñar’ dunha maneira non selectiva e se abstivese de estándares dobres obvios. Por desgraza, a técnica con frecuencia é contraproducente, porque o ‘nomeador’ ten os seus propios esqueletos no armario. Este exemplo clásico de deshonestidade intelectual xeralmente reforza a resistencia dos ‘nomeados’, que estarán mesmo menos dispostos a tomar medidas para corrixir violacións reais ou supostas. Ou, o que se pode supor, o ‘nomeador’ en realidade quer que o ‘nomeado’ reforce a resistencia e se negue a facer concesións, para que o ‘nomeado’ poida ser denunciado aínda máis forte. Isto encaixa no concepto dos dereitos humanos como unha ferramenta de política exterior, que non pretende mellorar a vida das persoas senón facilitar os obxectivos xeoeconómicos.

Outra técnica da guerra de normas é o que se denomina lawfare, mediante o cal a ‘lei’ é empregada para subvereir o imperio da lei, e o dereito penal internacional é instrumentalizado para demonizar certos líderes e non outros. Un xuíz que se respecta a si mesmo non traizoaría a profesión xogando a este tipo de xogo, mais algúns si o fan, e en lugar de salvagardar o espírito do estado de dereito, estes xuíces politizados corrómpeno (lémbrese o Volksgerichtshof de Roland Freisler!) Socavando así a credibilidade de todo o sistema.

O arsenal de dereitos humanos armados tamén inclúe guerras non convencionais, como as guerras económicas e os réximes de sancións, aparentemente justificadas polas supostas violacións dos dereitos humanos do Estado obxectivo. O resultado é que, lonxe de axudar as vítimas, son tomados como reféns poboacións enteiras, vítimas non só de violacións por parte dos seus propios gobernos, senón tamén de ‘castigos colectivos’ por parte dos Estados que sancionan. Isto pode levar crimes de lesa humanidade, cando como consecuencia resulta afectada a seguranza alimentar, os medicamentos e o equipo médico vólvense escasos ou están disponíbeis só a prezos exorbitantes. Demostrabelmente, as sancións económicas matan. Sob certas condicións, ‘nomear e envergoñar’ implica novas violacións dos dereitos humanos e o imperio da lei, en contra de Arts. 6, 14, 17, 19 e 26 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, e podería atinxir o limiar do que se denomina ‘discurso de odio’ (Art. 20).

Conclusión: aínda que en casos específicos, ‘nomear e envergoñar’, particularmente por parte da ONG, dá resultados positivos, non é unha panacea para todos os abusos contra os dereitos humanos. En situacións máis complexas, ‘nomear e envergoñar’ agravou unha situación ou demostrou ser un instrumento de mudanza completamente ineficaz. Os Estados farían ben en volver visitar Mateo VII, 3-5 e substituír a obsoleta técnica de ‘nomear e envergoñar’ por propostas de boa fe e recomendacións construtivas, acompañadas pola oferta de servizos de asesoría e asistencia técnica. Co fin de axudar concretamente as vítimas no chan.

Sementar honestidade e amizade é a mellor forma de cultivar cooperación e progreso en termos de dereitos humanos. O que máis se necesita hoxe en día é unha diplomacia madura, negociacións orientadas a resultados, unha cultura de diálogo e mediación, en troca desta cultura petulante de grandeza, intransixencia e máis sacro do que aparenta, que non axuda a ninguén.

Alfred de Zayas

Insurgente