Segundo a autopsia o preso, de 21 anos, teríase suicidade co cabo dun televisor, mais a familia dubida da versión oficial.

 

Llegada de Igor el Ruso a la cárcel de Zuera el 20 de diciembre de 2017

 

A titular do Xulgado de Instrución número 8 de Zaragoza, Nicolasa García, acaba de solicitar ao centro prisional de Zuera que lle remita unha serie de gravacións para tratar de esclarecer as causas do falecemento de P.A.C. H., o preso de 21 anos que o pasado 28 de maio foi achado sen vida nunha das celas do módulo de isolamento. Segundo a versión oficial, o recluso pendurouse do teito utilizando o cabo dun televisor. Contodo, aquela explicación non convenceu á familia, que decidiu levar o caso aos tribunais.

Na súa denuncia, a familia do falecido di ter “serias dúbidas” sobre o que aconteceu realmente. Entre outras cousas, porque parece que primeiro lles dixeron que o mozo se esganara nas duchas e despois nunha cela de isolamento. A familia tampouco entende como pode haber un televisor nun local como este cando até os detidos que pasan por un calabouzo teñen que entregar os cordóns dos zapatos para impedir que se autolesionen.

Foi o avogado da familia, Marco Antonio Navarro, quen propuxo ao xuíz que solicitase as gravacións. Segundo a dirección do presidio, A. C. H. fora enviado a isolamento por tratar de agredir varios funcionarios cun peso de ximnasio. Por iso a instrutora requer agora as imaxes que tomaron varias cámaras de seguranza. En concreto, aquelas situadas nos lugares onde se produciron altercados entre o interno e os empregados da prisión. A maxistrada tamén pediu que lle sexan remitidas as gravacións do módulo de isolamento onde estaba o falecido, que cumpría unha condena de tres anos e medio por un asalto con violencia do que foi vítima unha anciá das Fontes.

Segundo o informe preliminar da autopsia, nin as mans nin a vestimenta do preso presentaban signos de loita ou defensa. Á marxe das marcas de enforcamento no pescozo, os forenses tampouco acharon no seu corpo outras lesións que puidesen ter causado a morte.

M.A. Coloma

El Heraldo de Aragón