A vitoria legal do rapeiro chega despois de tres anos e medio no exilio.

.

 

Foto: Josep Miquel Arenas Beltrán (Valtonyc) debería ingresar en prisión este jueves.

 

Bélxica non extraditará a España Josep Miquel Arenas, Valtònyc, segundo informa Vilaweb. A decisión definitiva foi anunciada pola Audiencia de Gante, que decidiu revogar a euroorde ditada pola Audiencia española, que esixía que fose condenado a tres anos e medio de prisión polas letras das súas cancións. A vitoria xudicial de Valtònyc chega despois de tres anos e medio no exilio. 

As autoridades españolas quixeron extraditalo por un delito de inxuria á coroa, outro por enaltecemento do terrorismo e outro por ameazas, pero ningún deles foi aceptado.

 

 

Os dous primeiros quedaran practicamente descartados. En outubro, o Tribunal Constitucional belga anulou unha histórica lei estatal que castigaba os insultos contra o rei. No que respecta ao delito de enaltecemento do terrorismo, o TXUE xa resolveu a instancias do xulgado de Gante que o Estado español non podía xulgalo por este delito, xa que tiña unha tipificación máis dura que cando se produciron os feitos.

O xulgado de primeira instancia de Gante xa rexeitou a eurodemanda, polos tres delitos, mais a Fiscalía, que representa a posición española, recorreu a decisión ante o tribunal de apelación. 

En conversa con Nós Diario en marzo de 2018, o rapeiro mallorquí afirmaba que “a máquina represiva estatal está ben engraxada e persegue a resistencia intelectual”.

Durantre o seu exilio en Bélxica, Valtonyc e as galegas Ialma versionan ‘Bella Ciao’ con homenaxe a Suso Vaamonde incluída.