Nesta XXII edición da Marcha anual ao cárcere de Teixeiro, Abaixo os Muros centra a convocatoria na reclamación de medidas non lesivas dos dereitos das persoas presas para evitar os surtos de covid19 no interior dos cárceres. Demanda a recuperación de visitas e licenzas de saída perdidas, a normalización das entrevistas nos locutorios, a axilización dos terceiros graos, o fin do isolamento obrigado de 5 días despois dos vises, atención sanitaria adecuada, etc.