Os membros da Benemérita agora absolvidos foran acusados de causar a morte de 15 migrantes que afogaron na costa próxima á praia do Tarajal o 6 de febreiro de 2014. Todos eles formaban parte dun grupo de 200 persoas que, como lembrarán, trataban de chegar a nado desde Marrocos.

 

 

A estratexia da Garda Civil para tratar de evitar que os migrantes alcanzasen o seu obxectivo de chegar á beira de Ceuta foi lanzarlles bolas de goma. É preciso lembrar tamén que os 23 migrantes que conseguiron chegar a Ceuta foron devoltos logo ao país veciño.

Na pasada terza-feira, 29 de xullo, a Audiencia Provincial de Cádiz, con sede en Ceuta, emitiu un auto en que recusa os recursos de apelación que foron presentados por diferentes ONGs contra a decisión do Xulgado de Instrución 6 no 29 de outubro de 2019 de arquivar a causa contra 16 membros da Benemérita, que foran acusados de provocar, coa súa actitude belicosa, a morte dos migrantes.

A causa foi desestimada por considerar a Audiencia Provincial que “non hai proba indiciaria que contradiga a afirmación de que a actuación policial se axustou aos principios básicos exixíbeis para estas intervencións”.

Mais un episodio que confirma que no Reino de España “a Xustiza é igual para todos”, como afirma o Sr. Borbón.

Insurgente