Un interno do cárcere de Tahíche foi achado morto na mañá do 18 de agosto. O home, de 50 anos, cumpría prisión preventiva e solicitara ser transferido a outro módulo máis tranquilo xa que, por causa da doenza que padecía, o excesivo ruído alteraba o seu estado de ánimo. No momento dos feitos estaba só na súa cela por baixa médica. Os servizos médicos non consideraran oportuno aplicarlle o protocolo de prevención de suicidios nin ingresalo na enfermaria.

 

Imagen de la prisión de Tahíche.                      prisión de Tahíche. LP/DLP

 

Un interno do centro prisional de Tahíche (Lanzarote) foi achado morto na súa cela na mañá do 18 de agosto. Os feitos tiveron lugar no módulo 4 da cadea, onde estaba só nunha cela por baixa médica. Sobre as 12 da mañá aproximadamente, o funcionario de servizo requeriu o interno polo interfono que comunica coa cela para que se presentase no gabinete da psicóloga para unha consulta que el mesmo solicitara días antes.

Ao non responder, o funcionario preséntase na cela e ao abrir a porta encontra o interno deitado na cama e rodeado dun charco de sangue, coa tampa dunha lata de conservas perto del, coa que supostamente se teria lesionado.

La Provincia