Todo este leque de avogados, xuristas, entidades e asociacións civis celebraron un acto este mediodia en Barcelona en defensa de Iñaki Rivera, un histórico da defensa dos dereitos humanos, sobretodo no sistema prisional. Rivera foi imputado por un delito de calumnias por ter comentado en Tot es mou, programa de TV3, os casos de tortura e irregularidades en prisións catalás. Os sindicatos CCOO e CSIF, posteriormente, interpuxeron unha querela que, de momento, lle abriu unha causa xudicial como investigado.

O caso contra o Director do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans (OSPDH) e do Sistema de Registre i  Comunicació de la Violència Institucional (SIRECOVI) inquieta letradas e activistas que defenden o seu labor. Entenden que é un caso claro de “criminalización” da defensa dos dereitos humanos. Neste cadro, aproveitaron para denunciar a presión das estruturas do estado para acabar co traballo de avogados como Rivera. De feito, entenden que hai unha deriva rrepresiva, sobretodo entre os que “vixian o vixilante”.

Con este obxectivo, advertiron que alén de se solidarizaren con Rivera, queren denunciar a criminalización dos defensores dos dereitos humanos e avanzaron que emprenderán campañas para mostrar á sociedade catalá cal é a situación en materia de dereitos humanos. Neste sentido, louvaron o labor de Rivera que defende dereitos que afectan terceiras persoas. Un cometido que, para David Bondia, prestixia a Universidade de Barcelona.

 

Quico Sallés Quico Sallés El Mon