O xuízo contra 47 persoas ligados ao labor de defensa dos dereitos das persoas presas comezará no 16 de setembro na Audiencia Nacional española e, segundo informan nunha nota, viven con ‘preocupación’ as consecuencias que pode acarretar para elas este xulgamento. Contodo, manteñen a ‘ilusión e enerxía para encarar o acoso xudicial, mediático e politico’ que conlevará.
.

Argazkia_11.13                                                                Activistas da causa 11-13

.

No 16 de setembro comezará na Audiencia Nacional española o xulgamento contra 47 persoas de Euskal Herria en relación coas operacións policiais contra Herrira, Jaiki Adi, Etxerat, defensas e o grupo de interlocución. As persoas encausadas emitiron un comunicado en que quixeron agradecer as mostras de apoio recibidas nas últimas semanas.

Segundo din, esta mesma semana a Policía acudiu aos domicilios de várias delas para notificar a citación do xulgamento, en tanto outras tiveron de ir buscala elas mesmas. “Os e as encausadas vivimos con preocupación o que pode supor este macro-xuízo, mais mantemos a ilusión e a enerxía para encarar o acoso xudicial, mediático e político que nos en cima”, afirman. De feito, xa están organizadas en grupos de traballo. “Faremos frente a toda esta persecución de maneira colectiva, cuidándonos e sosténdonos entre nós”, acrecentan.

Alén das propias tarefas de preparar un xulgamento, están estudando diferentes opcións para paliar as grandes perdas económicas que supón un proceso como este. Así mesmo, anunciaron que, nunha data próxima ainda sen concretizar, organizarán unha mobilización en que “poda confluir toda a solidariedade que estamos recibindo e que poda servir para pormos en cima da mesa a situación que sofren os e as presas e fuxidas políticas vascas”. No 1º de xuño comparecerán en Donostia, onde darán mais pormenores sobre as diferentes iniciativas.

 

Naiz