No próximo sábado dia 12 – ás 12:00 do mediodía EsCULcA celebrará na Praza do Toural de Compostela en defensa da Liberdade de Expresión o acto público que inicialmente estaba previsto para o pasado 21 de setembro e tivo que ser suspendido por mal tempo.

 

 

Se non houber novidades, e esperanos que desta non as haxa e corra todo sen problema, o acto será presentado pola actriz Isa Risco e a música correrá por conta de Leo i Arremecaghona.

Voltamos portanto a convidarte:

Ven ao Toural e exerce, na intimidade e anonimato dun WC público, na compañía de quen nos precedeu, o teu dereito a expresar aquilo que sempre quixeche dicir e sempre te obrigaron a calar. O teu sentir, o teu pensar, o teu querer. Sen medo e sen censura. Sabes de mellor ocasión para festexar a liberdade que o 12 de outubro?