Por alerta de mal tempo, fica suspendido até novo aviso o acto que EsCULcA tiña previsto celebrar o próximo sábado dia 21 – ás 12:00 do mediodía na Praza do Toural de Compostela en defensa da Liberdade de Expresión. Como a sabedoría popular afirma que nunca choveu que non escampase, agardaremos que chegue mellor tempo (climatolóxico) para instalar o noso espazos de liberdade e desfrutar da actuación de Leo i Arremecaghona e Isa Risco.

 

 

Compromiso e convite continúan en pé“Ven e exerce, na intimidade e anonimato dun WC público, o teu dereito a expresar aquilo que sempre quixeche dicir e sempre te obrigaron a calar. O teu sentir, o teu pensar, o teu querer. Sen medo e sen censura.” En breve anunciaremos día, hora e lugar.

EsCULcA – 20 de setembro 2019