O exército israelita di que os bombardeos forman parte dunha operación contra o terrorismo da Yihad Islámica.
.
.
El terror de tres niños palestinos cuando son sorprendidos por unos bombardeos en Gaza mientras grababan un vídeo
.
.

O Goberno de Israel levou a cabo na tarde desta sexta feira unha serie de bombardeos contra diversas poboacións da Faixa de Gaza, que deixaron, cando menos, oito falecidos e máis de 40 persoas feridas. 

 

 

Así o denunciou o Ministerio de Sanidade de Gaza, que nun primeiro momento notificara sete pasamentos, contabilizándose un oitavo momento despois. “O número de mártires aumentou a sete, incluída unha rapaza de cinco anos, como resultado dunha agresión israelí contra a Faixa de Gaza”, explicaba a autoridade sanitaria no seu Twitter. 

 

 

Tal e como se pode apreciar nas imaxes tomadas polas propias forzas militares de Israel, varios proxectís lanzados colisionaron directamente contra un bloque de vivendas, que rematou por colapsar. 

Fai apenas catro días, o 1 de agosto, as autoridades israelitas apresaron o gobernador palestino en Xerusalén, Adnan Ghaith, no seu domicilio no barrio de Silwan, sen que se desen a coñecer os motivos da detención, a número 17 desde que Gaith asumiu o cargo en 2018.

Operación contra o terrorismo

Pola súa parte, as Forzas de Defensa de Israel (FDI) xustificaron o bombardeo afirmando que se trata dunha operación contra o terrorismo da Yihad Islámica, no marco dunha batida que Israel realizou na Cisxordania a comezos de semana, e en que foi asasinado un adolescente palestino. 

Segundo o exército israelita, a operación de bombardeo, nomeada Amencer, resultou na morte do comandante das forzas militares da Yihad Islámica Taisir al Jabari. O seu falecemento foi confirmado pola propia milicia.

 

 

Aliás, as FDI contabilizan “entre dez e vinte terroristas mortos” en seis zonas distintas da Faixa de Gaza.

O primeiro ministro de Israel, Yair Lapid, e o titular de Defensa, Benny Gantz, aseguraron nun comunicado conxunto que “non permitirán que os grupos terroristas diten a axenda nas localidades e fronteiras israelís”.

Nós Diario