A Xunta Electoral de Barcelona (JEB) prohibiu 15 concentracións que coincidían coa campaña electoral das eleccións ao Parlament de Catalunya do 14-F. A Assemblea Nacional Catalá recorreu ao Tribunal Superior de Justícia de Catalunya a resolución da JEB. Durante os días de campaña foron anuladas as concentracións de Barcelona-Meridiana, Barcelona-Fort Pienc, Vilanova i a Geltrú, Barcelona-Sants, Barcelona-Gràcia, Sant Fost de Campsentelles, Torelló, Corbera de Llobregat, Sant Joan Despí, Arenys de Munt, Cardedeu, Mataró e a Col·lectiu Enriqueta Gallinat.

 

Entre 2015 y 2018 se triplicaron las convocatorias de manifestaciones en Cataluña: una de cada cuatro fueron convocadas por ANC y Òmnium Cultural - Maldita.es

 

Os recursos pretendían denunciar a vulneración do dereito a manifestación. O que tiña de ser un procedemento de urxencia para as manifestacións poderen ser celebradas nos días previstos, o TSJC converteuno nun procedemento ordinario e acolleuse á lei de 1976. Unha lei derrogada por un novo texto no ano 1983 que concretaba e protexía o dereito a reunión.

As manifestacións e convocatorias non teñen que ser autorizadas. Os organizadores teñen que comunicalas, mais iso non depende de ningunha autorización especial. Sobre esta base asenta a lei que protexe este dereito fundamental e que hoxe os avogados da ANC denunciaron que foi vulnerado cunha lei dos tempos de Francisco Franco.

A opinión dos xuristas

Segundo os xuristas, o TSJC, nestas sentenzas, realiza unha interpretación completamente restritiva do dereito de reunión e aplica unha lei franquista expresamente derrogada no ano 1983. “Queremos facer constar e denunciar esta deriva restritiva do dereito fundamental de reunión e da liberdade de expresión por parte do TSJC”, dixeron onte nunha comparecencia pública.

“Pode ser prohibido calquera acto non comunicado”, explicou a avogada Patricia Sierra. Mais prohibindo as concentracións que si que se comunicaron, “o TSJC limítanos un dereito fundamental”, engadiu.

Na resolución dos recursos, así mesmo, o TSJC admitía que as concentracións non tiñan unha finalidade “directamente electoral”. E para xustificar a súa prohibición argumentaba que si que eran “indirectamente” electorais. Segundo o xurista Josep Cruanyes, neste punto o TSJC “non fai unha lectura neutral, senón política”.

A tamén avogada Jordina Sonet denunciou a deriva da xustiza española e a tendencia do TSJC a aplicar moi restrictivamente o dereito a reunión”.

Das 15 mobilizacións prohibidas pola Xunta Electoral Provincial de Barcelona, 12 fórono por ser consideradas actos electorais e tres porque supostamente non foron comunicadas á Conselleria d’Interior cos dez días preceptivos de antecedencia que prevé a lei. En sete casos, o TSJC deu a razón á ANC, co voto particular do presidente do tribunal sentenciador. Nos outros oito casos, cinco tiveron votos particulares a favor da ANC, mais tres foron por unanimidade. Para sentenciar en contra, o tribunal fai constar que a lei do dereito de reunión de 1976 prevé certos requisitos non cumpridos pola ANC. Mais, lémbrese, esta lei foi derrogada en 1983.

De momento os avogados pediron esclarecementos en 14 das sentenzas e estudan presentar recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional en nove casos, antes de ir, se for preciso, ante o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos.

A ANC tamén se queixou de que nove das sentenzas foron notificadas en castelán, aínda que a formación pedira que se redactasen en catalán. Igualmente, alega que o procedemento xudicial tería que seguir a vía urxente reservada á protección dos dereitos fundamentais como o de reunión.

A campaña

Durante a campaña electoral previa ao 14-F, a ANC decidiu desobedecer a Xunta Electoral e manter as manifestacións de apoio aos presos políticos que había programadas por toda Catalunya. A Xunta Electoral Provincial de Barcelona resolveu no pasado 28 de xaneiro que non autorizaba as concentracións semanais das segundas eiras que se facían en apoio aos presos políticos entre o 1 e o 8 de febreiro, que coincidían coa campaña electoral. O organismo argumentou que “aínda que o seu contido non é directamente electoral, si que o é indirectamente, en tanto que nestas reunións se fai apoloxía dos dereitos e calidades dos líderes políticos que están na prisión ou no exilio”.

Para dar cumprimento á resolución, esta foi enviada aos Mossos d’Esquadra para evitar que se puidesen levar a cabo as concentracións, como no caso da Meridiana, na foto principal.

Gemma Liñán

El Nacional