Eis os puntos principais:

  • Continuarán as multas arbitrarias contra xornalistas ou activistas. A PLI insiste desde hai tempo en que as sancións por documentar actuacións policiais non se producen polo artigo que esixe autorización para divulgar imaxes de axentes, xa anulado polo Tribunal Constitucional ao ser considerado censura previa (art. 36.23), senón por dous preceptos xenéricos e de enorme ambiguidade: “desobediencia á autoridade” (art. 36.6) e “faltas de respecto” (art. 37.4). Continuarán producíndose portanto casos como o do fotógrafo de ‘El País’, Albert García, ou o do tamén fotoxornalista Raúl Capín, sustentados no testemuño sen probas dos axentes. As enmendas non acaban co problemático ‘principio de veracidade’ da policía.
  • Non se resolve impunidade ante agresións a xornalistas documentadas: as enmendas non entran a regular unha cuestión que veñen demandando a PLI e outras organizacións como é a clareza nos rótulos dos uniformes policiais coa identificación dos axentes.
  • Manifestacións espontáneas. A reforma proposta para modificar o artigo 37.1 sobre a responsabilidade dos organizadores ou promotores dun protesto sen ‘icación previa’ non determinará a comisión desta infracción ‘sempre que non se causar violencia ou alteración da orde pública’. No parecer da PLI esta previsión non proporciona suficientes garantías frente a sancións desproporcionadas ou arbitrarias que persigan disuadir o exercicio do dereito de manifestación.

“A chave do 15M foi a utilización de ferramentas dixitais en tempo real, especialmente telefonía móbel, unida a manifestacións non comunicadas. E iso é o que pretendeu evitar o PP mediante a ‘lei Mordaza’: un novo 15M. Por iso esta enmenda é francamente mellorábel para garantir o dereito de reunión. Non há de haber sanción en ningún caso salvo cando afectar infraestruturas críticas”, sinala Carlos Sánchez Almeida, director legal da PLI.

Escrito da PLI aos grupos parlamentares

A Plataforma rexistrou un escrito no Congreso dos Deputados pedindo aos grupos unha reforma ampla desta lei.

“Fomos ao Congreso para lembrar que a liberdade de expresión non é negociábel e pedir aos grupos que na hora de lexislaren nesta materia teñan en conta que teñen límites, ben fixados, que marcan os estándares internacionais aos que o Reino de España está suxeito”, explica Yolanda Quintana, secretaria xeral da PLI.

Neste escrito, a PLI presenta os datos das sancións impostas para que os partidos sexan conscientes dos artigos que verdadeiramente viñeron representando un perigo para xornalistas, manifestantes, artistas e cidadanía en xeral. Tamén lembran os reiterados relatorios internacionais (das Nacións Unidas e a Comisión Europea, entre outros) que instan o Reino de España a unha reforma a fondo desta lei, eliminando preceptos ambiguos e interpretabeis como ‘resistencia á autoridade’, entre outros.

 ESCRITO DIRIXIDO AOS GRUPOS PARLAMENTARES

PLI