.

Especificamente menciona as cargas na Escola Mediterrània de Barcelona, onde algúns policías mallaron en persoas en actitude pacífica sen que mediase ameaza manifesta. Acrecenta que, por exemplo, un axente de policía bateu nunha muller no pescozo e na cara en dúas ocasións sen que houbese provocación algunha, un caso que xa está xudicializado.

Alén do 1-O, as organizacións critican tamén que durante os protestos celebrados en Madrid contra  o asasinato homófob de Samuel Luiz os axentes utilizaron porras contra manifestantes pacíficos, e tamén contra xornalistas. Outro exemplo que mencionan son os incidentes de abril de 2020 en Málaga.

Diante destes atropelos, a organización demanda as autoridades españolas que impartan formación estrita e baseada nos dereitos humanos para que os axentes fagan uso do material anti-disturbios segundo os estándares internacionais. Solicita tamén que os incidentes en que se faga uso del sexan grabados e analisados para determinar se se produciu algunha violación de dereitos. Caso afirmativo, deberá emprenderse unha investigación exahustiva e independente e pór en andamento mecanismos efectivos para reparar de forma axeitada as vítimas.

A escala internacional, Amnistía solicita a todos os estados que apoien a creación dun instrumento mundial xuridicamente vinculante que prohibia o uso de material e as armas abusivas.

VilaWeb