O goberno de Francia quer aprobar unha lexislación especial para Os Xogos Olímpicos de Paris 2024, que permitiría o uso de vídeo-vixilancia asistida con sistemas de intelixencia artificial para o evento deportivo internacional, informa The Guardian.
.
Caso ser aprobada, a medida permitiría o uso de vídeo-vixilancia automatizada en cámaras de CCTV ou drons. As imaxes serían analisadas con algoritmos de intelixencia artificial para detectar actividades sospeitosas ou anormais das multitudes e serían enviadas á policía para esta actuar en conformidade.
Estes sistemas de intelixencia artificial serían utilizados para monitorar as persoas que participen na cerimonia de abertura, así como nos estadios, nas rúas e no transporte público da capital francesa.
No entanto, organizacións defensoras de dereitos humanos advirten que os Xogos Olímpicos poderían ser usados como pretexto para aumentar as capacidades de vixilancia policial e que isto pode acabar converténdose nunha lexislación permanente, xa que a proposta inclúe todos os eventos deportivos, culturais e festivos até xuño de 2025, moito tempo despois de rematados os xogos olímpicos.
O uso destes algoritmos é preocupante, en primeiro lugar, por como se define un comportamiento como “anormal” ou “sospeitoso”.Quen decidirá cal é un comportamento normal e cal non?, pregúntase Katia Roux, responsábel de tecnoloxía e dereitos humanos de Amnistía Internacional en Francia.
“En termos de dereitos humanos e liberdades fundamentais, consideramos que a proposta representa unha ameaza ao dereito a unha vida privada, tamén podería impactar a liberdade de expresión, a liberdade de reuión e o principio de non discriminación”, acrecenta.
«Esta medida surxe nun contexto en que as autoridades francesas promoveron o alargamento dos poderes de vixilancia da policía. Ainda que o goberno dixo que non serían utilizados datos biométricos, “os algoritmos analisarán comportamentos e datos físicos, información que debería ser protexida”. Porén, a eficiencia destas técnicas de vixilancia non foi probada, denuncia Roux.
No pasado, os grandes eventos deportivos, como os Xogos Olímpicos ou a Copa Mundial de Fútbol, serviron a países como o Reino Unido, a China, a Rusia ou o Brasil para aumentaren as súas capacidades de vixilancia, xa que as tecnoloxías que se implementan acaban por ficar permanentemente ou ser reutilizadas para otros fins.