Segundo o comunicado da Policía, os axentes acudiron a unha chamada que alertaba dunha ‘fraude en curso’. “Informouse aos policías que o sospeito estaba sentado no capó dun automóbel azul e parecia estar bébedo. Dous axentes chegaron e localizaron o sospeito, duns 40 anos, no seu automóbel e ordenáronlle sair do vehículo.Despois de sair, resistiuse fisicamente aos axentes”, sinala o comunicado. Na grabación pode verse o detido alxemado boca abaixo contra o chan en tanto un dos policiais o retén presionando no pescozo co xeollo.
Nas imaxes tamén é posíbel comprobar como o home xeme e repete varias veces que non pode respirar. “Doeme o estómago. Doeme o pescozo. Doeme todo, necesito agua ou algo. Por favor. Por favor. Non podo respirar”, di.